Por Galicia Confidencial | Padrón | 07/03/2016 | Actualizada ás 10:00
A investigación xudicial aberta na Fundación Cela, que ten que ver co ex xerente deste organismo e cos integrantes do seu patronato, xerencia e dirección, tamén afecta á Xunta de Galicia, que é de quen depende a entidade.
A Consellería de Cultura, que expresa o seu respecto polas decisións xudiciais adoptadas, anunciou que avaliará e estudará os pasos a seguir tras a xudicialización das contas desta fundación e tras a renuncia das súas funcións directivas da até agora directora-xerente en funcións da fundación Camilo José Cela.
A Secretaría Xeral de Cultura asumirá estas tarefas para garantir o normal funcionamento dos eventos vinculados ao centenario de nacemento do Premio Nobel, así como a xestión cotiá da fundación.
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón ditou un auto no que se acorda a transformación das dilixencias previas en procedemento de tribunal do xurado pola indemnización por despedimento do ex xerente desta entidade.
Fontes da Xunta quitáronlle ferro a esta decisión e suliñaron este domingo que dita indemnización foi acordada no ano 2010, antes da súa conversión en fundación pública galega e, polo tanto, antes de ser xestionada polo Goberno autonómico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.