Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/01/2025 | Actualizada ás 16:37
O Concello de Pontevedra aprobou, este xoves na Xunta de Goberno Local, a actualización da normativa para 'furanchos' e 'loureiros' cunha ampliación as súas opcións no menú. En concreto, trátase dunha modificación que cambiará a contía mínima da póliza de seguros de responsabilidade civil destes establecementos. Pero, xunto con esta actualización, tamén se aproban a adaptación á normativa autonómica o que permitirá ofrecer unha maior variedade de tapas.
Os distintos 'furanchos' poderán desde a súa apertura contar con cinco pratos distintos. Se antes xa podían ofrecer táboas de queixos, pementos de padrón, orella-chourizo, zorza-lombo e tortilla de patacas; agora sumarán: costela, ovos fritos, sardiñas ou xureliños á brasa, callos con garavanzos ou fabas, empanada ou empanadilla e croquetas.
Segundo informou a tenente de alcalde, Eva Vilaverde, a páxina web do Concello de Pontevedra xa ofrece un novo apartado coa información pertinente a todos os locais autorizados, indicando o seu período de apertura, dirección e geolocalización.
Eva Vilaverde compareceu en rolda de prensa para dar conta deste asunto e outros abordados na Xunta de Goberno Local celebrada á primeira hora, entre os que destacou a obra de emerxencia no Arquivo Municipal que se está realizando no edificio do Colexio Froebel e que verá aumentado o seu orzamento co obxectivo de liquidar algunhas incidencias detectadas durante as actuacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.