O PP carga contra os gobernos de Melide, Arzúa e Santiso pola súa oposición a Altri: "Instan á Xunta a prevaricar"

"Pedir a unha administración que non siga os trámites correspondentes é pedirlle que prevarique. Estamos a falar dun asunto moi grave", manifestaron os populares.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2025 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O PP da Coruña cargou contra os gobernos locais de Melide, Arzúa e Santiso, aos que acusa de facer "demagoxia" pola súa oposición aos proxectos de Altri en Palas de Rei e a mina de Touro-O Pino; e lamentan que insten á Xunta a "prevaricar" cando piden que paralice a súa tramitación. Este venres, responsables locais destes municipios mantiveron un encontro co alcalde de Monterroso, Eloy Perez, o concelleiro en Palas José Ramón García e o deputado autonómico Rubén Lorenzo.

Os cargos populares acusaron aos gobernos municipais de Arzúa, Melide e Santiso, que esta semana solicitaron unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda; de "tratar de intoxicar" á cidadanía coas súas posicións contrarias a estes proxectos industriais. "A xente ten que estar tranquila. Estamos a falar dun proceso totalmente regulado sobre a instalación dunha empresa que ten que cumprir uns requisitos", remarcou o PP, segundo recolle un comunicado, no que acusan a estes alcaldes de animar á Xunta a "prevaricar".

"Pedir a unha administración que non siga os trámites correspondentes é pedirlle que prevarique. Estamos a falar dun asunto moi grave", manifestaron antes de subliñar que se trata dun "proxecto complexo" que require da presentación de "toda a documentación". Por iso, avogou por "darlle a oportunidade á empresa a que faga as alegacións correspondentes e logo tomarase unha decisión".

O PP carga contra os gobernos de Melide, Arzúa e Santiso pola súa oposición a Altri: 'Instan á Xunta a prevaricar'
O PP carga contra os gobernos de Melide, Arzúa e Santiso pola súa oposición a Altri: 'Instan á Xunta a prevaricar' | Fonte: PP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta