Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2025 | Actualizada ás 20:30
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, chama a "sacar o maior proveito dunha boa relación" con Estados Unidos no novo mandato que comeza Donald Trump como presidente, "guste máis ou menos".
A preguntas da prensa sobre a toma de posesión de Trump deste luns, Rueda lembra que "o señor Trump, guste máis ou menos, foi elixido nunhas eleccións democráticas, ademais, con amplo respaldo". Subliña que "Estados Unidos é un país moi importante para Europa, para España e para Galicia". "Convennos, desde todos os puntos de vista, ter unha boa relación entre administracións", afirma.
"Creo que sería un erro pensar que temos que estar á gresca, enfrontándonos todo o día", resalta, e non entende que se poida defender "non ter ningunha relación coa primeira potencia mundial".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.