O Bierzo e Sanabria tamén falan e senten en galego

Máis de mil escolares que aprenden lingua e cultura galegas nestas rexións da Galaecia histórica celebran o 'Día do galego' no marco das VIII Xornadas Martín Sarmiento.

Por Galicia Confidencial | Vilafranca do Bierzo | 09/03/2016 | Actualizada ás 21:21

Comparte esta noticia

O Bierzo e Sanabria tamén falan e senten en galego. Alí estudan este idioma máis de mil alumnos que este mércores celebraron o 'Día do galego' nun acto que se enmarca na VIII edición das Xornadas Martín Sarmiento.

Valentín García con alumnos de galego do Bierzo e Sanabria durante a celebración do Día do Galego
Valentín García con alumnos de galego do Bierzo e Sanabria durante a celebración do Día do Galego | Fonte: xunta.gal

Esta nova edición congregou no Teatro Vilafranquino a boa parte dos máis de mil escolares de ensino primario e secundario que estudan lingua e cultura galegas nestas dúas rexións da Galaecia histórica.

O acceso á aprendizaxe do galego é posible nos territorios limítrofes das provincias de León e de Zamora en Galicia  -en concreto, nas áreas do Bierzo e de Sanabria- en preto dunha vintena de centros educativos adscritos ao Programa de promoción do galego. Un programa que puxo en marcha pola Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León hai case 15 anos, como medida de promoción do uso e do ensino da lingua propia de Galicia nestes territorios galegofalantes do exterior.

Grazas á este programa, ampliado coa sinatura do Protocolo xeral de colaboración entre os dous gobernos en 2006, actualmente estuda materias de ou en galego máis dun milleiro de alumnos e alumnas no ensino primario ou medio en centros de León e Zamora. Deste xeito, o alumnado dos centros participantes opta a recibir docencia co galego como lingua vehicular en distintas áreas.

Ademais, estes alumnos teñen a oportunidade de afianzar os seus estudos de galego con actividades complementarias que inclúen visitas de estudos a Galicia apoiadas pola Consellería de Cultura e Educación.

A estes actos asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e tamén o alcalde de Vialfranca, José Manuel Pereira; o director xeral de Recursos Humanos da Consejería de Educación da Junta de Castela e León, Jesús Hurtado e o presidente do Consello Comarcal do Bierzo, Gerardo Álvarez. Todos eles mantiveron, tamén, unha xuntanza no concello para coordinaren os estudos e maila promoción da lingua galega en toda a zona.

Valentín García lembrou “a importancia de que as familias sexan conscientes das vantaxes que o coñecemento do galego e mailo plurilingüismo supoñen para os habitantes destas comarcas, desde o punto de vista cultural, comunicativo e formativo” e dixo que tamén lles permite comunicarse con 250 millóns de persoas de fala portuguesa en todo o mundo lusófono.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

5 Carlos López

Tetrico, estos gallegos son tan colonialistas como castellanos vascos o catalanes, haber si se enteran de una vez el galego es un dialecto del LEONES, por eso son similares, al igual que le pasa al portugues, estos dos idiomas al ser durante mucho tiempo aislados del resto del pais se convirtieron en idiomas propios, pero ya esta bien que la Xunta de galicia y la Junta castellana nos toquen los cojones y nos ignoren, solo nos tenemos que fijar en los nombres de los pueblo, y vemos como Puebla de Sanabria, Puebla de Lillo y Puebla de San Antonio, (la actual Ponferrada), son nombres que vienen del LEONES 100%, asi que yo les digo a los gallegos que nos devuelvan a la leonesa Valdeorras, no tengamos que llamar a Almanzor para que les vuelva a robar las campanas de la Catedral de Santiago de Compostela, que por cierto también tiene, la diócesis, su fundación y origen leonesa.

1 Acouga

Acouga oh, toma as menciñas.

2 Paco Macías

Ola Carlos: Eiquí na foto hai poucos galegos, non pasa de tres. Os demais somos, todos, bercianos. O único que queremos é ser cultos, seguir sabendo falar o idioma no que os nosos antepasados crearon e viviron. Falamos de cultura. Só iso. Por que non podemos? Por que se nos insulta? Agardo resposta.

4 Españolistas dades noxo

100 km cara o leste TOTALLY GALEGO 100 km cara o sur TOTALLY NOT GALEGO e así.

3 gAPd

Unha cousa é que o galego axude co portugués, que é certo, e outra cousa é trocar galego por portugués, como queren os do BNG e outros grupos marxinais, que levan 30 anos metendo palabras lusas nos dicionarios, e que ninguén usa, tipo "porén", "produto",,etc... Só coa finalidade de unirse a Portugal porque non cren en Galicia.

1 José

Produto, corruto, reta, así é como se di meu jorrión ou miña pomba. Seica ti vas polo mundo dicindo produccccto?

2 UJGv

Todo o mundo dí "producto", e na normativa anterior do galego era correcto, supoño que acabaran eliminando "produto", por lusismo evidente e malsoante.

3 Montesío

Eu prefería que se escríbise producto seguindo as súas raíces latinas, pero o que está claro é que en galego esa "c" e muda, así como o é a "c" de dictado, ou sexa, as que van despois de vogais agudas. Eu nunca as oín pronunciar nun galegofalante. No caso das ces que van detrás do "e" adoitan transformar esta vogal en e aberto, e o "c" non se pronuncia.

4 rwqu

"Ditado" esta ben dito, non así "produto", hai moitisimas casos recollidos de " producto", mesmos "produito". " vogal" e outro lusismos que non ten 20 anos.

5 teutonio

E pola contra escribes dicionario en vez de diccionario... iso non é un lusismo tamén seguindo a túa lóxica?

6 MuUu

Iso é un dobre c é diferente. Que non pasaba nada por escribir "diccionario".

2 Morales

Non é Sanabria, é Seabra. E eses mil alumnos eran antes da LOMCE, agora son moitísimos menos porque a LOMCE reduciu o galego a materia extracurricular, fóra do horario escolar, cando marchan os buses, co que se reduciu unha barbaridade a matrícula en Secundaria e Bacharelato. E o Covardín que fai aí no medio, rir con cara de paspán, todo feliz, mentres a oferta de lingua galega no Bierzo se esborroa.

1 nostrus

Seabra ¿por que?

2 teutonio

Porque é a forma propia en galego dun territorio que historicamente pertenceu a Galicia. Como tamén lle chamamos As Portelas en vez de Alta Sanabria

3 nostrus

Enton Ourense, A Coruña a forma de denominalos correctamente en español será Orense, La Coruña, ¿non che parece?

4 teutonio

Os topónimos en castelán son eses, a forma oficial so unha, A Coruña e Ourense, como é Puebla de Sanabria e non Poboa de Seabra. Pola contra, que eu saiba, ningún estado galego levou a cabo un proceso de deturpación, substitución ou eliminación dos topónimos de aldeas, lugares e vilas castelás, como si ocurríu en calquera recuncho de Galicia, desde Mugía a Piedrafita del Cebrero, co obxectivo de eliminar calquera vestixio do "dialecto periférico".

1 nostrus

Pues me parece perfecto porque el gallego responde a la realidad lingüística social en esas tierras, incluso aunque no sea Galicia. Lo que me parece una parida es decir que el gallego nos comunica con 250 millones de personas. Eso es una gran mentira, podríamos decir que "nos ayuda algo", pero nada mas porque gallego y portugués no son la misma lengua. No dejemos que nos colonicen con el portugués.

1 Carlos garciaaa

E ti que sabes? Eu en galego entendome con xente de Angola por exemplo

2 nostrus

Certo Carlos, e en español tamen, pero mellor en portugues

3 teutonio

Meu, se tes limitacións para comunicarte coa xente é problema teu, é ben triste presumir de ignorancia e taras comunicativas para atacar ao galego. Meu, se tens limitaçoes para comunicar-te com a gente é problema teu, é bem triste presumir de ignorância e taras comunicativas para atacar ao galego.