Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2025 | Actualizada ás 13:38
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, confirmou este martes que a onda de gripe segue cunha "intensidade baixa" e nunha fase de meseta que "parece que vai diminuíndo". Nunha rolda de prensa na sede do seu departamento, en Santiago, para presentar o informe de 2024 sobre a 'Estratexia Galega en Saúde 2030', o conselleiro explicou que a tendencia "segue igual que a semana pasada".
O último informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, relativo á semana do 20 ao 26 de xaneiro, recolleu un repunte tanto en consultas en atención primaria por gripe como nos ingresos hospitalarios, especialmente entre os grupos de idade máis novas. Por tanto, Saúde Pública segue apelando á cautela.
Non obstante esta precaución, este martes o conselleiro definiu a situación como de "meseta", é dicir, dunha fase de incidencia máis alta pero sostida no tempo e non tan abrupta, que sería o que se coñece como 'pico'. A pesar de que semanas atrás dixera que a Consellería tiña "dúbidas" con se esta tempada se produciría o pico, este martes matizou que "sempre" o hai, pero que descoñecen "cando" e se vai ser máis ou menos intenso.
Preguntado sobre as causas de que este ano a onda de gripe fose menos intensa en comparación aos anteriores, Gómez Caamaño explicou que se pode deber a "moitos factores", pero que o análise "se fará ao final". "O principal", deslizou, é a vacinación. A campaña que terminou a semana pasada concluíu con case un 72% de cobertura dos maiores de 65 e máis anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.