Temas: FRASEOLOXíA

“(Delgado) Coma un espicho # un fiúncho”, dúas das moitísimas equivalencias galegas do castelán “(delgado) como un fideo” (2ª parte)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 09/02/2025 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Ímoslle pór o ramo, pois, ó artigo principiado a pasada semana, no que comezamos a abordar xeitos de dicir en galego para nos referirmos a unha persoa que está moi fraca ou delgada.

Libro sobre o fiúncho
Libro sobre o fiúncho

(Delgado) Como un fideo

{= Moi delgado, cunha delgadeza moi acusada ou mesmo esaxerada.}

(Delgado) Coma un espicho

(Delgado) Coma un fiúncho

(Delgado) Coma unha argana

(Delgado) Coma unha espiña

(Delgado) Coma un espeto

(Delgado) Coma un fío

(Delgado) Coma un xunco

(Delgado) Coma un fideo

(Delgado) Coma un garabullo

(Delgado) Coma un carabullo

(Delgado) Coma un guizo

(Delgado) Coma unha miñoca

(Delgado) Coma unha lombriga

(Delgado) Coma un fouciño

(Delgado) Coma un ladral

(Delgado) Coma un canizo

(Delgado) Coma unha subela

[E MAIS TAMÉN]:

(Delgado) Coma unha estriga

(Delgado) Coma unha espadela

(Delgado) Coma unha doela

(Delgado) Coma un ganzo

Ex.: Aunque ahora a lo mejor no os lo creáis, hasta los dieciséis o diecisiete años estaba como un fideo.

Malia que agora se cadra non o creade, ata os dezaseis ou dezasete anos estábavos coma un espicho coma un fiúncho coma unha argana coma un fío coma un fideo coma un espeto coma un garabullo coma un guizo coma unha espadela coma unha doela.

● Tamén:

(Delgado # Fraco...) Coma un chantón # coma un escano # coma un cangallo # coma unha esparrela # coma un chamizo # coma un leño # coma un espárrago

● Tamén, nesta mesma liña:

Chupado && Esquelético && Escuálido

Chupado && Chuchado && Lambido && Esquelético && Escuálido && [E MAIS, SOBRE TODO SE ESTÁ DELGADO COMENDO MOITO]: Cosido [E MAIS TAMÉN]: Chupado # Chuchado coma un espeto && Chupado # Chuchado # Mirrado coma un figo paso && Enxoito # Seco coma (unha) vara de caínzo # coma as varas dun caínzo && Seco coma as pallas # coma unha acha # coma unha estaca # coma un coiro vello && Cativo coma unha arola

 [E INDA TAMÉN]: Hecho un escuerzo

Feito un esguízaro

● Tamén:

En los huesos && En el chasis && [E MAIS]: En la espina (de santa Lucía)

Nos ósos && No chasis && Na reserva && No aro && Na estica && Nas allaringas && [E MAIS]: Na espiña && Feito unha espiña && Feito unha argana && Feito un coiro

● Tamén:

Hecho un saco de huesos # un costal de huesos

Feito un feixe de ósos # unha carga de ósos # un saco de ósos && [E MAIS, SOBRE TODO APLICADA A UN HOME ESMIRRADO OU ESGUMIADO]: Feito un cinco tripas

● Tamén:

Ser un saco de huesos # un costal de huesos && Ser todo huesos

Ser un feixe de ósos # unha carga de ósos # un saco de ósos && Ser óso e pel && Ser pel e ósos && Ser todo ósos && Non ter máis ca ósos && Ser un mangas de aire

● E mais tamén, nesta mesma liña:

Estar # Quedarse... que se le cuentan los huesos

Estar # Quedar... que se lle contan os ósos # que se lle contan as costelas # que se lle ven as costelas && Estar # Quedar... que non dá nin para un guiso de arame && Estar # Quedar... que ter a barriga no espiñazo

● E tamén, aplicadas igualmente a unha persoa que é, ou está, fraca ou delgada:

(Estar # Quedar... que) Fiar delgado && (Estar # Quedar... que) Non ter carne nin para armar unha rateira && (Estar # Quedar... que) Non dar nin para un prato de caldo && (Estar # Quedar... que) Parecer que non come auga quente && (Estar # Quedar... que) Parecer que non hai pan por onde pasa # que non hai pan e fariña por onde anda && (Estar # Quedar... que) Ter a fame laceira

● E mais tamén, aplicada basicamente a unha persoa alta e delgada:

(Delgado # Fraco...) Coma unha costrán

● E inda, sobre todo para indicar que a delgadeza ou fraqueza se notan moito na cara:

(Estar # Quedar... que) Non ter máis ca ollos

NOTAS:

1. A voz costrán, tal e como se explica no traballo “Botando unhas liñas no mar do Morrazo”, de Salvador Castro Otero e outros, «designa unha vimbia ou calquera outra póla verde, mesmo talos máis finos unidos, que se empregaba para atar os feixes».

2. As expresións e solucións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas (tal e como fixemos a pasada semana, xuntamos as fontes das que se tiraron as expresións das dúas partes do presente artigo):

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Anta Fernández, Alicia: “O Robledo é capital e o demais son conquistas: fraseoloxía de Robledo de Domiz”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 23, 2021, páxs. 141-157. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Castelo Santaballa, Lela & Quintairos-Soliño, Alba: “Tras deste tempo, tempo vén. A fraseoloxía de Xermade”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 22, 2020, páxs. 195-229. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Castro Otero, Salvador et alii: “Largando aparellos nos caladoiros do Morrazo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 22, 2020, páxs. 231-256. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html

- Estévez Rionegro, Noelia: “Fraseoloxía do noroeste de Valdeorras”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 305-317. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

- Ferro Ruibal, Xesús: “Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre”. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996.

- Ferro Ruibal, Xesús: “Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 179-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Fraseoloxía Carcamana. Dentro do blog Historia e historias da Arousa.

- García García, Nuria: “Breve achega á fraseoloxía do Couto de Oíns (Arzúa)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 24, 2022, páxs. 167-183. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe (1985). Universidade de Santiago, Verba, anexo 27. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/.

- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar. Obra á que se pode acceder, a través da internet, no enderezo seguinte: https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/pilar11.html

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Irmandades da Fala: Vocabulario Castellano-Gallego de las Irmandades da Fala. Imprenta Moret-Galera, 48, A Coruña 1933.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Lugrís Freire, Manuel: Gramática do idioma galego (2ª edición, corrixida e aumentada). A Coruña, Imprenta Moret (Galera, 48), 1931.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “O labor de fraseógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 59-77. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Otero Álvarez, Aníbal: “Vocabulario de San Jorge de Piquín”. Revista Verba, anexo 7. Universidade de Santiago de Compostela.

- Penín Rodríguez, Dorinda: “Frases feitas de San Lourenzo de Abelendo”. Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, páxs. 255-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

- Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Requeixo Cuba, Armando: “Sobre fraseoloxía galega: algunhas mostras da área mindoniense”. Cadernos de Lingua, 9, 1994, páxs. 89-110.

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Soto Arias, María Rosario: “Novas catas no campo nocional dos peixes e outros animais mariños”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 97-123. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

- VV.AA.: Unha maré de palabras (Contribución ao léxico do Morrazo). Xunta de Galicia–Museo Massó, 2005.

- VV.AA.: Expresións galegas. Escolma. Obra actualmente non dispoñible e á que no seu día se accedeu, a través da internet, no enderezo seguinte: http://xatevexo.blogspot.com/2007/07/expresions-galegas.html .

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta