Novos atrasos nos trens Vigo-A Coruña por incidencias técnica

Nesta ocasión o ratardo foi de 50 minutos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2025 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

Unha incidencia técnica no tren de Media Distancia das 08.00 horas que fai a ruta Vigo-A Coruña provocou un atraso de 50 minutos no servizo. Segundo fontes consultadas por Europa Press, trátase dunha incidencia técnica "puntual". O tren, que debía chegar á estación coruñesa ás 09.30 horas, chegou ás 10.23 horas.

Así mesmo, Renfe asegurou que desde que se tivo coñecemento da incidencia reforzouse o aviso aos viaxeiros con mensaxes e desde a propia estación. En todo caso, lamentou as molestias ocasionadas aos pasaxeiros.

Trens de Renfe
Trens de Renfe | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta