Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/02/2025 | Actualizada ás 11:38
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) criticaron a "desconexión do PSdeG polo que cualifican dunha "comodidade paternalista" durante os últimos 15 anos e avisaron da "urxencia dun cambio xeracional profundo para a supervivencia do partido". "A imaxe do partido non pode ser a dunha elite avellentada, a mocidade tamén é a realidade de Galicia", indican para sinalar que sofren a "falta de vivenda, a precariedade laboral, o desmantelamento da educación pública e a desatención da saúde mental", entre outras cuestións.
Así o sinala a organización xuvenil do PSdeG nun comunicado, no que informa da súa reunión mantida na xornada do domingo, na que debateron as máis de 100 emendas que presentarán no XV Congreso do PSdeG a un relatorio que consideran que "evidencia demasiada ambigüidade".
As XSG avanza que os máis de 20 mozos que asistirán como delegación pelexarán para que o PSOE rexeite o proxecto de Altri ou ser a primeira formación galega en recoñecer en documentos internos e publicamente "a existencia de persoas non binarias e a nomenclatura LGTBIQ+, como en Madrid, Valencia ou Canarias".
As Xuventudes Socialistas aseguran que "hai unha Galicia máis aló da gratuidade da AP-9" e que sinalan que "é urxente pelexar e lograr unha rede ferroviaria que non só conecte o eixo atlántico" e pénsese nas "provincias de Ourense e Lugo". "A maiores queremos que os autobuses galegos non sexan unha escopeta de feira", reclaman para demandar tamén un "cartón de transporte única con prezos razoables para todo o territorio, sen exclusións".
DOVAL PON EN VALOR O TRABALLO FEITO
O secretario xeral de l as XSG, Xurxo Doval, puxo en valor o traballo realizado pola organización no últimos tres anos "con lealdade absoluta", cando "outros facían folga de brazos caídos". Deste xeito, criticou que "mentres uns queren arrastrar o partido en redes sociais sen propostas", as mocidades do PSdeG traen "os debates de Galicia: transporte, vivenda e dereitos sociais". "O futuro das XSG e do PSdeG xógase agora: a dificultade non radica en desenvolver ideas novas, senón en desfacerse das vellas", subliñou.
EMENDAS
A organización xuvenil do PSdeG, en materia de vivenda, propón impor un canon sobre os metros cadrados baleiros, limitar os pisos turísticos e porlles impostos como actividade comercial, prohibir a conversión de salóns en habitacións, ou crear fondos públicos municipais coas achegas da taxa turística dos apartamentos turísticos.
Así mesmo, en igualdade, propoñen o acceso universal aos produtos de hixiene íntima, a condena da prostitución como violencia de xénero e a creación de centros itinerantes de información á muller naqueles territorios nos que non exista un.
En educación, reclaman integrar na Consellería de Educación a educación de 0 a 3 anos, eliminando a súa consideración de servizo social, crear comedores escolares a prezos asumibles na educación secundaria e superiores, así como a ampliación das bolsas pre e postdoctorales. Tamén piden unha mellora das condicións das bolsas como as Feuga e a remuneración das prácticas obrigatorias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.