Manuela Carmena, de promoción en Galicia

A alcaldesa de Madrid visitará Ferrol o próximo 2 de abril para presentar o seu novo libro.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 23/03/2016 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, e líder de Ahora Madrid estará en Ferrol o vindeiro sábado 2 de abril para presentar o seu libro 'Por qué las cosas pueden ser diferentes'.

Manuela Carmena
Manuela Carmena

Será a primeira vez que a xurista e política visite a cidade galega como rexedora da capital española, aproveitando a promoción da súa obra, na que mostra a súa loita contra a inxustiza, a corrupción e a burocracia, cita a sinopse

A visita foi organizada pola asociación Fuco Buxán, organizadora do acto, e está incluída dentro do ciclo Democracia e Compromiso que contou, entre outros invitados, con Juan Carlos Moedeiro hai varias semanas.

A presentación do libro, aberta ao público xeral, terá lugar o 2 de abril ás 12 horas no Centro Cívico de Caranza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hermerico

E virá como adoita ela? De "ganchete" com a ex-chefa dos torturadores em Madrid ?