Catro ourensáns deberán ser indemnizados por seren afectados polo 'cártel dos coches'

Explican desde este despacho no Carballiño que levou as demandas, declara "un feito probado" que entre 2007 e 2013 "o 93% das empresas fabricantes e distribuidoras de marcas de automóbiles intercambiaron información comercialmente sensible e estratéxica no mercado español da distribución e os servizos de postventa de vehículos das marcas participantes"

Por E.P. | OURENSE | 11/02/2025 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense ditou dúas sentenzas que dan a razón a catro afectados polo caso do 'cártel dos coches' e que condenan a Ford e Renault a devolver 6.200 euros por sobrecustos. Os fallos, explica o bufete de avogados de Juan José Pérez Barreiro, sintan xurisprudencia ante outras demandas que poidan presentarse na provincia.

A resolución, explican desde este despacho no Carballiño que levou as demandas, declara "un feito probado" que entre 2007 e 2013 "o 93% das empresas fabricantes e distribuidoras de marcas de automóbiles intercambiaron información comercialmente sensible e estratéxica no mercado español da distribución e os servizos de postventa de vehículos das marcas participantes".

"A sentenza considera que dita circunstancia constitúe unha práctica restritiva da competencia, e que dá dereito a todos os afectados que adquirisen o seu vehículo entre 2007 e 2013, a recuperar en torno ao 7,5% do que pagaron", o que no caso destas demandas ascende a 6.200 euros.

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta