Mobilización de traballadoras das residencias privadas en Lugo e A Coruña esixindo convenio digno e salarios xustos

Tamén esixirán á Xunta "outro modelo de coidados que poña no centro ás persoas e non ao beneficio empresarial"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2025 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

As traballadoras das residencias privadas continuarán este mes coas mobilizacións para reclamar un convenio colectivo "digno" e con salarios "xustos".

Tamén para demandarlle á Xunta "outro modelo de coidados que poña no centro á as persoas e non ao beneficio empresarial", segundo expuxeron na presentación das mobilizacións.

As mesmas foron acordadas nas asembleas de traballadoras convocadas pola CIG durante o mes de xaneiro. As dúas primeiras mobilizacións serán este venres, 14 de febreiro, na Coruña e Lugo.

Así o explicaron, en rolda de prensa, o secretario de Negociación Colectiva de CIG-Servizos, Adolfo Naya, e as responsables do sector en Ferrol e A Coruña, Beatriz Fernández e Ana Domato.

Naya expuxo que a negociación do convenio colectivo "está paralizada desde outubro" despois de presentar a patronal unha proposta que a representación sindical tachou de "miseria".

"Condena ás traballadoras ao salario mínimo interprofesional, non avanza na redución da xornada e non inclúe melloras nas coberturas das incapacidades temporais nin de carácter social", resumiu.

Sore as mobilizacións, haberá unha concentración ás 12.00 horas diante da residencia Serge de Láncara mentres que na Coruña farase unha manifestación ás 11.00 horas desde a residencia DomusVi da Cidade Vella ata as oficinas da Fundación Amancio Ortega no Obelisco.

Protesta na Coruña de traballadoras de residencias privadas. CIG
Protesta na Coruña de traballadoras de residencias privadas. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta