“Navantia non debe construír barcos para violar os dereitos humanos”

25.000 persoas apoian a campaña de Amnistía Internacional para que os estaleiros de Ferrol e Cádiz non entreguen cinco corbetas a Arabia Saudí.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 25/03/2016 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

Debe un estaleiro público vender armamento de guerra a un país que está a violar os dereitos humanos? Esta é pregunta que lanza unha campaña de Amnistía Internacional, que polo de agora leva recollidas máis de 25.000 firmas.

Consecuencias dun ataque aéreo sobre a capital de Yemen no que morreron seis nenos
Consecuencias dun ataque aéreo sobre a capital de Yemen no que morreron seis nenos | Fonte: Amnesty.org

En concreto, a asociación internacional denuncia que “existe un claro risco de que as cinco corvetas que Navantia quere construír para Arabia Saudita puidesen ser usadas para cometer violacións do dereito internacional humanitario”. 

Amnistía Internacional argumenta que de feito a ditadura saudita está a cometer esas “violacións”, en casos como o “o bloqueo naval saudita de Iemen ou os ataques indiscriminados da coalición, ataques cuxas vítimas son a poboación civil”. 

O reino saudí lidera unha coalición de países sunitas que está a combater aos rebeldes Houthís, grupo rebelde chíita, en apoio do goberno de Yemen. A operación inclúe un bloqueo dos portos de Yemen, cuxas consecuencias sofre directamente a poboación civil, unha invasión dende o sur e un longa campaña de bombardeos. 

España ten en Arabia Saudita un dos seus maiores clientes de armas. No primeiro semestre de 2015, vendeu armas a este país por valor de máis de 1.200 millóns de euros, cifra récord.

Fragata Avante 2200 patrol
Fragata Avante 2200 patrol | Fonte: www.navantia.es

Amnistía Internacional di que preguntou  ao Goberno español se Arabia Saudita usou avións, bombas e municións españolas para cometer crimes de guerra. Ata agora a resposta é que non hai resposta: “o goberno español non sabe, non contesta”.

A nivel político, Podemos criticou no seu día os plans para firmar un contrato co país árabe. Con todo,os alcaldes de Ferrol e de Cádiz  -cidades onde está presente Navantia e que gobernan mareas- aceptaron a venta das corbetas. O Goberno de España espera pechar un acordo que di pode supor carga de traballo para 2.000 persoas durante varios anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

2 per

Xa o dixo Podemos que non se pode negociar cos paises que financian o ISIS, ou sexa os barcos que os fagan en Francia ou Alemania,, pero o alcalde de Cadiz si que os quere para ali e é de Podemos,,, moito falar e a hora da verdade coma todos.

1 Sesese

Iso , que fagan canoas