Por Europa Press / Redacción | LUGO | 17/02/2025 | Actualizada ás 12:09
Un cazador resultou ferido o pasado domingo ao ser alcanzado por unha bala no monte da Curula, no municipio de Negueira de Muñiz . Segundo informa o 112 Galicia a Europa Press, un particular alertou a emerxencias, sobre as 13,45 horas do domingo, de que un home fora ferido por unha bala mentres estaban a cazar neste monte da parroquia de San Pedro de Ernes.
A persoa ferida foi trasladada por un particular ao momento de Atención Continuada (PAC) da Fonsagrada (Lugo). Foron avisadas urxencias médicas do 061 e Garda Civil. O alertante explicaba que a ferida "non parecía demasiado grave".
A Plataforma Non Á Caza publicou un informe a pasada semana no que cifraba en 10 falecidos e 20 feridos en cazarías en España nos últimos catro meses, con dous feridos nese período en Galicia (en Carnota e Pereiro de Aguiar), sen contar este novo suceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.