Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2025 | Actualizada ás 15:11
O BNG reclama ao Goberno subir o salario mínimo ao 60 % do salario medio, de forma que cumpra coa Carta Social Europea, e que non teña que tributar o IRPF. Nun comunicado, o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, esixe ao Executivo central alcanzar os 1.320,04 euros ao mes, o equivalente ao 60 % do salario medio, xa que considera "insuficiente" a subida realizada. Ademais, critica a decisión do Goberno de que as persoas perceptoras do SMI teñan que pagar o IRPF, polo que insta a "rectificar" trasladar unha maior presión aos salarios máis baixos no canto de ás grandes fortunas e á evasión fiscal.
Lembra que o sindicato nacionalista CIG presentou unha reclamación colectiva ante o Comité Europeo de Dereitos Sociais para demanda que se cumpra coa recomendación da Carta Social Europea. Igualmente, Rego critica as recentes declaracións da ministra de Facenda, María Jesús Montero, nas que argumentou que o SMI xa non é unha "renda de subsistencia", o que considera "erróneo e perigoso" ao haber "moitas traballadoras e traballadores" que "seguen tendo dificultades para chegar a fin de mes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.