Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2025 | Actualizada ás 19:54
A Xunta insistiu en acusar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de facer "unha mala interpretación" das normativas para decretar suspensións cautelares do desenvolvemento de parques eólicos. Así o recolle unha comunicación da Administración galega tras o encontro mantido este luns pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, con representantes do grupo Engie. Alí, a conselleira subliñou a necesidade de, ao seu xuízo, "desbloquear" a situación xudicial do desenvolvemento do sector eólico, que acumula decenas de parques paralizados por orde do TSXG mentres se espera pola postura da xustiza europea.
Neste sentido, a Xunta lembra que "xa se presentou como parte interesada" ante o Tribunal de Xustiza da UE en defensa da lei estatal de avaliación ambiental e, por outra banda, solicitou ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico "a rectificación do visor que considera o 100 % do territorio galego como sensible á implantación de proxectos eólicos". Nesa liña, Ángeles Vázquez explicou "que a función desa zonificación é meramente orientativa, pero o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) está a facer unha mala interpretación e utilízaa como argumento para suspender a autorización ambiental outorgada pola Administración autonómica".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.