Feijóo convoca a todos os conselleiros e ex-conselleiros

O presidente da Xunta arroupase dos máis fieis para desvelar este sábado o seu futuro. A incógnita continúa, pero o PPdeG ten a sensación de que repetirá, animado por unhas enquisas favorábeis coa esperanza de que Rajoy caia finalmente.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostelaç | 01/04/2016 | Actualizada ás 22:27

Comparte esta noticia

O presidente galego desvelará este sábado o seu futuro político en compañía dos seus máis achegados. Segundo puido confirmar GC de varias fontes do PP galego, o equipo de Alberto Nuñez Feijóo estivo convocar durante este venres a todos os conselleiros e ex-conselleiros á ‘Necora’ , sede conservadora en Santiago de Compostela, o sábado.

Feijóo canda o seu actual equipo de conselleiros
Feijóo canda o seu actual equipo de conselleiros

Por que o líder necesita arrouparse dos seus políticos máis próximos para realizar o agardado anuncio? É para presumir equipo de cara a unha nova candidatura? Ou, polo contrario, é para agradecer os servizos prestados na súa despedida?

A maioría das fontes do PPdeG consultados inclínanse que Feijóo busca unha foto con todo o seu equipo presente e pasado para facer alarde de unidade e poderío de cara a unha campaña electora que podería estar moi próxima. Agora ben, ninguén se atreve a meter a man no lume e descartar a hipótese contraria, que a chamada de última hora sexa para despedirse e agradecer os servizos prestados.

Os que creen que se trata dunha exhibición de liderado, que son a maioría, argumentan que Feijóo necesita sacar peito tanto en Galicia como en Madrid. O político galego sabe que a súa posición como hipotético sucesor de Mariano Rajoy está tocada -por motivos que tampouco teñen moi claros máis alá da foto con Dorado-, como quedou demostrado cando case ninguén do PP estatal o apoiou a pasada semana, tras declarar que igual o seu futuro estaba na empresa privada.

De acordo a esta liña de argumentación, Feijóo presentarase as eleccións galegas como chanzo final para o seu verdadeiro obxectivo, dirixir o PP no Estado. Feijóo conta cunha vitoria en Galicia, pois os conservadores din manexar enquisas que lle dan entre 36 e 38 deputados.

Revalidar a Xunta -en solitario con 38 ou co apoio de Ciudadanos con menos- nun intre de claro retroceso electoral do PP en toda España situaríao na primeira posición para ocupar a cadeira dun Rajoy, cuxa condución da dereita en España durará o mesmo que se tarde en formar goberno no Estado.

En todo caso, cómpre lembrar que o mandatario reiterou sempre que dúas lexislatursa parecíanlle dabondo en calquera cargo. Ademais, foi el mesmo, sen que ninguén lle preguntara, quen lanzou a posibilidade de adicarse ao sector privado, no que os ruxe-ruxe o sitúan na Fundación Amancio Ortega

En todo caso, pouco hai que agardar. A solución definitiva á telenovela do futuro do presidente da Xunta será este sábado. A cita é na clausura da Xunta Directiva do PPdeG no Hotel AC Palacio del Carmen as 11:30 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Antinostrus

Unha reunión mais de Carteiristas, Malandros e Tucanos de Colo Branco..........só faltaria, entre tal Caterva, o CipaioMononeuronal do Nostrus (quen, de acudir, seria o Primus Inter pares entre tanto derroche de substancia Gris...) para completar a Ortolambida Colectiva...