Máis de 200 entidades apoian a declaración do Monte Pindo como Parque Natural

Entre elas están o Concello de Carnota, comunidades de montes e organizacións patronais, científicas, académicas, deportivas e culturais.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 06/04/2016 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

Un total de 205 entidades do tecido asociativo galego expresaron até o momento o seu apoio á declaración do Monte Pindo (Carnota, A Coruña) como Parque Natural, a última esta semana por parte da Fundación Universidade da Coruña.

Asistentes ao roteiro do Monte Pindo una ano despois do incendio
Asistentes ao roteiro do Monte Pindo una ano despois do incendio | Fonte: Monte Pindo Parque Natural

Desde a última asemblea xeral en novembro de 2012, os apoios colectivos incrementáronse un 111,34%, segundo informa esta entidade. Uns apoios que proceden dos sectores máis variados. Así, ademais das entidades relacionadas co ecoloxismo, produciuse a incorporación da totalidade das organizacións que funcionan no entorno do Parque Natural, incluíndo as propietarias do territorio afectado, o Concello de Carnota e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Caldebarcos-San Cibrán.

"Ademais, recollemos multitude de apoios científicos e académicos, de organizacións deportivas e culturais... pero tamén do tecido empresarial, destacando a adhesión da totalidade das organizacións patronais que operan no ámbito comarcal da Costa da Morte", apunta nun comunicado.

Ademais, destaca que, ata o momento, nin unha soa asociación se ten pronunciado en contra da idoneidade da figura do Parque Natural como resposta ás problemáticas medioambientais do Monte Pindo, coa única excepción do Partido Popular, "que empregou a súa maioría absoluta para tumbar a iniciativa ata en catro ocasións no Parlamento".

Praia de Carnota co Pindo ao fondo
Praia de Carnota co Pindo ao fondo | Fonte: Xavier Vázquez Pumariño
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta