Unha persoa trasladada ao hospital tras un incendio na súa vivenda en Marín

Unha dotación de bombeiros encargouse de sufocar o lume, que chegou a afectar a varios utensilios da cociña, á campá extractora e ao propio teito.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2025 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Unha persoa tivo que ser trasladada ao hospital este venres tras declararse un incendio na vivenda na que se atopaba en Marín. O 112 Galicia recibiu o aviso por este incendio uns 20 minutos despois das 12.00 horas. Segundo o alertador, saía moito fume dun piso na rúa Fonte do Leste, sen poder explicar que estaba a arder concretamente. Iso si, sospeitaba que podía haber algunha persoa intoxicada por inhalación de fume.

Con esta información, desdse o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Morrazo, da Policía Nacional e da Local. Tamén se compartiu a información cos Bombeiros de Pontevedra, aínda que non foi necesaria a súa mobilización.

A dotación de bombeiros encargouse de sufocar o lume, que chegou a afectar a varios utensilios da cociña, á campá extractora e ao propio teito.

Ademais, foi preciso ventilar o tres andar do inmoble. Con todo, unha persoa tivo que ser trasladada ata o hospital por unha ambulancia das urxencias sanitarias.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia | Fonte: Urxencias Sanitarias - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta