Morre tras caerlle encima o portal dunha nave en Curtis

Un accidente laboral provoca a caída dunha árbore sobre a perna dun traballador na Lama.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2025 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu este luns no municipio coruñés de Curtis ao caerlle encima o portal dunha nave. Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar ao redor das 14.00 horas, na rúa F, cando o home estaba a arranxar o portalón. Un particular, quen deu o aviso, indicaba que ao traballador caéralle o portal dunha nave enriba, sen poder saír. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Betanzos, GES de Curtis e Garda Civil. A vítima foi liberada antes da chegada dos servizos de emerxencias, aínda que nada se puido facer por evitar o seu falecemento.

Varias ambulancias nas Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
Varias ambulancias nas Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña | Fonte: M. Dylan - Arquivo

TRASLADADO TRAS CAERLLE UNHA ÁRBORE NA LAMA

Ao redor das 13.15 horas, un particular contactou co 112 Galicia para informar doutro accidente laboral: a un compañeiro caéralle unha árbore sobre unha perna, aínda que non se atopaba atrapado. Os xestores do 112 Galicia informaron do sucedido ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Avión e á Garda Civil, que se desprazaron ata Cambeses, na parroquia da Barcia do Seixo, lugar onde ocorrera o accidente. Tras a chegada da ambulancia das urxencias sanitarias, o ferido sería trasladado ata o hospital de referencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta