Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 16/03/2025 | Actualizada ás 12:00
Pómoslle o ramo hoxe, pois, ó artigo principiado a semana pasada, no que abordamos fraseoloxismos galegos equivalentes ó castelán ser más lento que una tortuga:
Ser más lento que una tortuga
Ser más lento que un caracol
{= Ser alguén moi lento ou calmoso, ou ser bastante máis lento ou calmoso do que se considera aceptable ou normal á hora de facer algo.}
Ser bo para ir buscar a morte # para ir chamar a morte
Ser o tal para ir buscar a morte # para ir chamar a morte
Ser bo para ir pola morte
[E MAIS]:
Non ser para un apuro
Ex.: Te lo deja todo niquelado, que es muy curioso trabajando, pero te aconsejo que le trates el precio a tanto alzado, porque también es más lento que una tortuga.
Déixacho todo empatenado, que che é moi curioso traballando, pero aconsélloche que lle trates o prezo ó axuste, porque tamén che é bo para ir buscar a morte ‡ porque tamén che é bo para ir chamar a morte ‡ porque tamén che é o tal para ir buscar/chamar a morte ‡ porque che é bo para ir pola morte ‡ porque non che é para un apuro.
● Tamén:
Ser más lento que el caballo del malo
Ser máis lento có cabalo da paciencia # có cabalo do malo && [E MESMO]: Ser máis lento có tren de Varela && Ser máis preguizoso có pé dun muíño && Ser máis pesado có pé dun muíño && Ser máis calmoso # Ter máis calma ca boi de Laíño && Ser máis lento có tren da Laxe && Andar # Ir coma o tren da Laxe
● Tamén, recorrendo a expresións ponderativas de carácter xeral:
Ser máis lento ca pouco # ca dicilo && Ser máis lento ca Deus # cá virxe # ca María santísima # có santos # có demo && Ser lento/lentiño coma el[ti, vós...] só[sós]
● E mesmo tamén, en contextos, dando a entender que se trata dunha persoa moi cachazuda ou pousona:
Tener mucho cuajo && [E MAIS, COMO SECUENCIAS NON FRASEOLÓXICAS]: Ser (un) pachorrudo # parsimomioso # cachazudo # pausado # flemudo # flemático
Ter tanto bazo coma voz un defunto # coma un defunto á porta da igrexa # coma un burro morto && [E MAIS, COMO SECUENCIAS NON FRASEOLÓXICAS]: Ser (un) pousón # pousafoles # pachorrento # bacento # cachazudo # cachorro # zoupeiro # calmoso # calmudo # pausado # pánfilo # descansado # lento # parsimonioso # vagaroso # tardo && [E, COMO CULTISMOS]: Ser (un) flegmático
● Tamén, en contextos, usadas tanto para dar a entender que alguén é moi tranquilo e non se pon nervioso coma para dar a entender que nada lle fai variar o seu ritmo pausado e lento:
Ser más tranquilo que una foto
Ser máis tranquilo ca Amancio && Ser máis tranquilo ca un defunto && Ser coma a pedra da Borna && Ser coma # Parecer o Deus dos borreiros
● Igualmente en contextos, dando a entender que alguén bota moito tempo de máis para facer algo:
(Ser dos que) Botar a vida dun preso [facendo algo] && (Ser dos que) Botar a vida de Noé [facendo algo] && (Ser dos que) Botar a vida dun can [facendo algo]
Ex.: Comiendo, es más lento que una tortuga: ya todos estamos con el café y él todavía no ha acabado el primer plato.
Comendo bótache a vida dun preso ‡ bótache a vida de Noé: xa todos estamos co café e el inda non deu acabado o primeiro prato.
NOTA:
As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas (xuntamos as fontes das que foron tiradas as expresións tanto desta entrega coma da anterior):
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Carré Alvarellos, Leandro: Diccionario galego-castelán, de entre 1928 e 1931. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Castro Otero, Salvador et alii: “Largando aparellos nos caladoiros do Morrazo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 22, 2020, páxs. 231-256. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía en Sebil, 2”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 15, 2013, páxs. 441-462. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Da Cerna: “Ditos, frases feitas e refráns”, no blog “Da Cerna”, accesible no enderezo https://dacerna.blogspot.com/p/ditos-e-frases-feitas.html
- Domínguez Rial, Evaristo: “Fraseoloxía e paremioloxía de Bergantiños (Cabana de Bergantiños, Carballo e Coristanco”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 13, 2011, páxs. 301-404. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Ferro Ruibal, Xesús: “Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre”. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996.
- Ferro Ruibal, Xesús: “Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 179-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Ferro Ruibal, Xesús & Surribas Díaz, Noelia: “Locucións, fórmulas e paremias galegas anotadas por Couceiro Freijomil (1888-1955)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 319-355. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- García González, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe (1985). Universidade de Santiago, Verba, anexo 27. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Blog no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/.
- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Ibáñez Fernández, José: Diccionario galego da rima e galego-castelán, publicado en 1950. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Leiras Pulpeiro, Manuel. Vocabulario elaborado por Manuel Leiras Pulpeiro, datado en 1906. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- López Barreiro, Margarita: “Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 317-327. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Lugrís Freire, Manuel: Gramática do idioma galego (2ª edición, corrixida e aumentada). A Coruña, Imprenta Moret (Galera, 48), 1931.
- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.
- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “120 locucións verbais galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 373-386. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.
- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).
- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Soto Arias, María Rosario: “Novas catas no campo nocional dos peixes e outros animais mariños”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 97-123. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- VV.AA.: Unha maré de palabras (Contribución ao léxico do Morrazo). Xunta de Galicia–Museo Massó, 2005.
- Zamora Mosquera, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Ed. Galaxia, 1972, Vigo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.