Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2025 | Actualizada ás 14:53
A Xunta abre este sábado, e ata o 4 de abril, o prazo para a solicitude dunha vacante nunha das escolas infantís de 0 a 3 anos que sexa titularidade autonómica.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres as resolucións para informar o procedemento de reserva de praza e os criterios para dar prioridade ás solicitudes.
Desta forma, as solicitudes para a renovación de praza e as de novo ingreso poderán presentarse por vía telemática ou de forma presencial. Ademais, as familias poderán pedir praza en varias escolas infantís e deberán indicar na documentación a orde de preferencia.
As listas provisionais, segundo recolle na súa web a Consellería de Política Social, sairán o 6 de maio e as definitivas o 30 do mesmo mes. Ademais, do 7 ao 13 de maio estará aberto un período de reclamacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.