Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/03/2025 | Actualizada ás 15:52
O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, sinalou que o Goberno está a tramitar o proxecto de Altri en Pas "como calquera outro proxecto" industrial e que está "en proceso de análise técnica". Díxoo este venres, a preguntas dos xornalistas, en rolda de prensa xunto ao vicepresidente executivo da Comisión Europea (CE) Stéphane Séjourné, o conseller Miquel Sàmper e o presidente de Celsa, Rafael Villaseca, tras visitar a planta da empresa en Castellbisbal (Barcelona).
Hereu explicou que o proxecto está neste momento no proceso de análise técnica e lembrou que xerou "moito debate social". "Uns din que non, sexa o que sexa, e outros que si, sexa o que sexa", destacou. "Nós estamos na posición de tramitar, como calquera outro proxecto industrial, este proxecto", resolveu.
Pola súa banda, o Ministerio para a Transición Ecolóxica indica que a nova planificación eléctrica que afecta á planta que a lusa Altri quere construír en Palas de Rei priorizará "as demandas industriais que máis valor engadido poidan achegar ao país", pero non aclara se entre elas se atopa a da megaceulosa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.