A reserva dos encoros galegos baixa ao 74 % tras unha semana carente de choivas

A reserva hídrica Miño-Sil está ao 73,4 % e os encoros de Galicia Costa ao 77 %.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2025 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Os encoros galegos rexistran un total de 2.752 hectómetros cúbicos, o 74 % da súa capacidade, un punto menos que a pasada semana, segundo os datos publicados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes. En concreto, a reserva hídrica de Miño-Sil, a máis abundante na comunidade, atópase ao 73,4 %, lixeiramente inferior ao 73,6 % de fai sete días. Os actuais 2.225 hectómetros cúbicos son menos que a estas alturas o ano pasado e tamén inferior á media da última década.

Pola súa banda, os encoros de Galicia Costa baixan ao 77 %, seis puntos menos que a anterior semana. Os 527 hectómetros cúbicos actuais son menos que hai un ano e que a media do últimos dez anos. As precipitacións foron abundantes en toda a península esta semana, pero non así en Galicia. A máxima produciu en Córdoba con 139,2 litros por metro cadrado.

O encoro de Velle liberando auga do río Miño
O encoro de Velle liberando auga do río Miño | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta