Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/03/2025 | Actualizada ás 11:03
Efectivos de Policía Local e Salvamento están despregados na zona de Canoedo, no municipio coruñés de Sada, nun operativo de procura tras a desaparición dunha muller octoxenaria.
Segundo informaron fontes do 112 Galicia e do Concello de Sada, ao mediodía deste domingo activouse a alerta pola desaparición da muller, e foi un familiar o que deu aviso dos servizos de Emerxencias.
Na xornada deste domingo activouse un dispositivo de procura por terra, mar e aire, e localizáronse algúns efectos persoais da muller na zona de Arnela Pequena. A procura renovouse á primeira hora da mañá deste luns por terra e mar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.