Nova división no nacionalismo galego

Destacados militantes de Compromiso por Galicia apoiarán á Marea nas vindeiras autonómicas. Son preto dun cento de persoas que abandonan a disciplina de CxG e denuncian un “xiro dereitista e cara ao nacionalismo esencialista” da actual executiva. Entre eles destacan o ex senador co BNG Xosé Manuel Pérez Bouza, Jéssica Fernández Polo (portavoz municipal de Xuntos por As Pontes), Paulo Carlos López, Xulia Guntín, Henrique Monteagudo ou Xosé Antón López.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/04/2016 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

Destacados militantes de Compromiso por Galicia (CxG) anunciaron a súa baixa da formación tras a convención do pasado domingo que decidiu por ampla maioría presentarse en solitario as elección galegas.

Membros da Executiva Nacional de CxG, algúns deles xa dimitidos
Membros da Executiva Nacional de CxG, algúns deles xa dimitidos

Entre estas persoas, que xa asinaron o manifesto “Coa Marea. Por Galicia”, están o ex senador polo BNG Xosé Manuel Pérez Bouza, Jéssica Fernández Polo (portavoz municipal de Xuntos por As Pontes), Paulo Carlos López, Xulia Guntín, Henrique Monteagudo, Xosé Antón López, Denís Fernández Méndez,  Iván Marrube ou o escritor Xabier López, entre outros, que están en desacordo coa decisión de CxG de concorrer en solitario. “Está marchando o sector máis intelectual da formación e queda xente que se afiliou nas últimas semanas e que non ten nada que ver coa esencia coa que se creou esta formación”, apuntan as fontes consultadas.

Neste manifesto deixan claro que, ao seu entender,  na convención do pasado domingo “tomouse non só unha decisión táctica desacertada, senón que tamén se acentuou unha viraxe estratéxica e mesmo ideolóxica cara a posicións centristas e propias dun nacionalismo esencialista, apartándose do espírito e dos documentos fundacionais de Compromiso”.

En todo caso, tamén recoñecen que o rumbo apoiado por unha maioría de compañeiros e compañeiras aos que lle desexamos fraternalmente moita sorte”. Este grupo de persoas, de entorno o cento, destaca que “non pretende crear unha nova estrutura organizativa que participe do eterno baile de siglas do nacionalismo galego”, senón “contribuír ao proceso en marcha de construción dunha candidatura popular ampla e transversal arredor da Marea”.

Por iso, mostran o seu apoia á marea cidadán e consideran que “a cidadanía galega leva tempo indicando cal é o camiño para rematar cos gobernos da dereita e coa hexemonía bipartidista, de xeito especialmente nidio nas eleccións municipais e nas xerais de 2015” na liña do que defenderan moitos na convención de CxG no pasado outubro, na que xa pediran o apoio para En Marea.

“O noso compromiso será integrármonos individualmente desde o ámbito local de cadaquén nas distintas mareas e candidaturas de converxencia, nas que algúns xa estamos integrados de feito desde hai certo tempo. A nivel nacional galego, participaremos, tamén individualmente, na construción desa alternativa –que xa está en marcha– e que precisa e reclama a maioría social do noso país”, recolle o manifesto.

E, puntualizan que, ese apoio será “desde o galeguismo e o nacionalismo non excluíntes nin exclusivistas, defendendo a autoorganización das forzas políticas galegas, coas miras postas no progreso do noso país, buscando a colaboración entre persoas e forzas coas que temos coincidencias en aspectos fundamentais e reforzando o noso compromiso cos intereses da maioría da nosa sociedade, duramente castigada polas políticas austeritarias”, aseguran.

Con esta saída, o nacionalismo galego volve quedar dividido. Unha división que comezou tras a Asemblea de Amio do BNG. De aí xurdiron dúas grandes formacións, Encontro Irmandiño, que logo derivou en Anova e CxG. A primeira tivo unha excisión hai dous anos, da que xurdiu Cerna. A segunda acaba de ter a súa división. Pero, polo camiño, o BNG, tivo novas baixas logo da última asemblea en Compostela, desta volta do sector de Abrente, coa saída de dous referentes históricos como o ex voceiro nacional e ex vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o ex voceiro parlamentario, Carlos Aymerich.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

21 Aurelio

Monteagudo, Bouza, Lourenzos....casta do nacionalismo. Abandonáronvos, e agora que lles preparen un sillón os de Beiras,

20 Xuxo

As agrupacións locais que máis votos aportaron a CxG nas pasadas municipais foron: Muros 1130 Outes 1205 Santiago 1115 Betanzos 400 Lalín 3020 Vigo 1150 Sarria 1250 Ourense 1400 Maceda 660 Vilar de Santos 560 Barbadás 505 Guitiriz 425 A Baña 340 Arzua 290 De todos estes penso que só marchan os de Betanzos e unha parte dos de Compostela.

19 Antiesquerdallada

A esquerdallada que lle quedaba a Compromiso deixando o partido. Limpeza total. Parabéns !

18 Nacionalismo cervantino

Que nacionalismo? Se Compropiso se definiu directamente como galeguista, igual que PP ou PSOE.

17 LKI

Nin BeNeGá nin Compermiso van poder chegar ao 5% mínimo para acadar deputad@s no parlamentiño, polo que o voto a estas dúas candidaturas vai ir pro lixo propiciando así que Feijóo recunque na Xunta. Parabéns á cipaiada colaboracionista de UPG-MGS e da dereita galeguista por condenar Galiza.

1 LKK

E vos iredes con Podemos porque se non non sacabades nada. E cando rebente podemos igual que rebentastes AGE para onde ides ir

2 Comunista

BnG e CxG son conscientes de que lle poden dar a vitoria ao PPdeG e non lles importa, todo o contrario. Acumulan tanto odio sectario contra as Mareas que prefiren que goberne Feijóo.

3 Enxeñoso fidalgo

Pois xa sabes comunista de los Peines: a votar BNG se tes medo de que quede fora

4 Nordestada

Comunista, non se trata de odio, senon de incompatibilidade de ideas. Vexo ilóxico que unha forza nacionalista como BNG se alié pra formar goberno con unha forza centralista (que non de centro) como Podemos. Outra cousa sería poder chegar a acordos puntuais posto que si que hai ideas comúns. Pero tanto BNG como CXG teñen o mesmo dereito e lexitimidade a presentarse en solitario como o teñen as Mareas. A primeira gran ruptura do nacionalismo galego dende a visión do votante non militante veu precisamente cando Anova decidiu formar coalición con EU, onde o principal perxudicado foi o BNG, non PP nin PSOE. Agora preténdese vender que para unir ao nacionalismo hai que ampararse baixo o paraugas da Marea, onde o poder de decisión do noso pais está bastante cuestionado. Non me parece ningunha aberración buscar a opción que deixe o poder no noso país cando dubidas da capacidade de Marea-Podemos de que así sexa