Localizan a dúas persoas fuxidas dun centro de saúde mental de Lugo, no que estaban ingresados por orde xudicial
A Policía Local de Lugo tamén atopou a dúas persoas de idade avanzada desorientadas: unha señora con demencia, pola que se interpuxo unha denuncia por desaparición, semiespida e desorientada nos soportais da Praza de Abastos, e un home que apareceu nun hotel do centro da cidade.
Por Europa Press / Redacción | LUGO | 26/03/2025 | Actualizada ás 14:45