O PSdeG, convencido de que non será terceira forza en Galicia

Romeu asegura que o PSdeG ten vontade de ser “a cabeza dun goberno alternativo” e non considera “para nada” quedar por baixo das mareas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/04/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Os socialistas, ou cando menos os seus dirixentes, están convencidos de que o PSdeG non se converterá na terceira forza política galega logo das vindeiras autonómicas e, polo tanto, non sufrirá un sorpasso, como aconteceu en 1997, cando Xosé Manuel Beiras situou ao BNG nas súas máximas cotas de apoio político na Cámara galega, convertendo a esta formación na segunda da cámara galega.

José Luis Méndez Romeu, portavoz parlamentario do PSdeG
José Luis Méndez Romeu, portavoz parlamentario do PSdeG | Fonte: cadenaser.com

"Hoxe somos a alternativa real a un goberno de Núñez Feijóo e a vontade é ser a cabeza dun goberno alternativo. Ese é a formulación antes das eleccións e logo falarán os electores", dixo este venres o portavoz do PSdeG no Parlamento galego, José Luís Méndez Romeu, que recalcou que o seu partido "non considera de ningún xeito" ser terceira forza en Galicia tras as eleccións autonómicas previstas para o próximo outono.

Nunha conferencia de prensa na Cámara galega, Méndez Romeu tamén evitou falar sobre as informacións que o sitúan na loita por facerse co liderato no PSdeG. "Cando decidan serán oportunas e quen gañe terá todo o meu apoio", limitouse a dicir, aínda que lembrou que a Xunta asegura que as eleccións aínda serán dentro de seis meses, polo que considerou que queda tempo.

Sobre as reunións que está a manter o alcalde de Vigo, Abel Caballero, con distintas agrupacións por toda Galicia, o portavoz do PSdeG no Parlamento afirmou que "está a facer un gran servizo tentando articular unha nova maioría e superar as diferenzas nun proxecto común".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

9 elecións xa¡¡¡

A galiciaconfidencial. Por favor si é verdade o que di eldiario.es coido que é para sacar a noticia de Antón losada... porque evidencia a desesperación do psdg... non polo sr. losada que será moi bo senon porque nese partido non quere ninguén ir de candidato.... é de risa pero o merecen polo que levan feito por este país.... elecións xa¡¡¡¡

8 Ziralla

Agora sei que queren presentar ao lamecús de Anxo Quintana: http://www.eldiario.es/politica/Fer...

7 Fartodeizquierdosos

Es lo que les queda a los nazionatas y a losi izquierdosos, sean indepes o no. Esperar ser segunda, tercera o cuarta fuerza política en nuestra región y tratar de ponerse de acuerdo (esa es otra) para derrotar al PP, partido que les dobla o triplica en votos. Si la democracia fuese como debe ser, el que gana con tanta diferencia debería gobernar sí o sí. Pero claro, con este sistema electoral, es posible que se junten todos los perdedores para conseguir su único fin reconocido: echar al PP del poder en nuestra región.

6 non o merecedes.

Unha cousa é o que se desexa e outra o que decidirá o pobo. Cun mínimo de intelixencia que nunca demostrou con respecto a esta especie de organización o pobo a poría en cuarto lugar.... pero por desgraza para Galicia quedarán de terceiros....espero que os verdadeiros socialistas tomen nota e voten outras forzas políticas e cando sexan de verdade un partido decente xa terán o seu momento.

5 sorribas

Sois patéticos!!!!