A Xunta amplía en máis de medio millón a axuda anual aos medios de comunicación

Deste xeito, as achegas serán de case 1,7 millóns en concepto de axudas. Tamén aumentou en 160.000 euros a dotación para as publicación íntegras en galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/04/2016 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

1.675.000 euros. Ese é o diñeiro que a xunta destinará, finalmente, ás empresas xornalísticas e de radiodifusión e que, ano tras ano recaen sempre nos mesmos grupos mediáticos de sempre. Unha partida económica que iguala do 2015 e 2014.

Os medios de comunicación tradicionais están sufrindo unha fonda crise
Os medios de comunicación tradicionais están sufrindo unha fonda crise | Fonte: prnoticias.com

Esta axuda, que a Secretaría Xeral de Medios reparte en concepto de “axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva” contaba cun crédito inicial de 1,1 millóns, pero unha nova resolución deste departamento apliou estas achegas en 540.000 euros.

A maior parte destes cartos, tal e como aconteceu noutros anos, irán para o Grupo Voz. De feito, nas axudas do pasado ano, este grupo mediatico recibiu 709.891 euros; La Voz de Galicia, S.A. (681.901,96) e Voz de Galicia Radio, S.L.U (27.990,08).

Pola súa banda o Grupo Prensa Ibérica recibiu polos xornais Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña e as súas respectivas edicións dixitais un total de 326. 295 euros: Faro de Vigo, S.A. (265.075,75 e Faro de Vigo Media, L.L. (24.156,80) e La Opinión de La Coruña, S.L. (30.498,69) e La Opinión de La Coruña Media, S.L.U. (6.566,30).

O Grupo El Progreso de Lugo levou 196.660 euros a través de Diario de Pontevedra (Lérez Ediciones, S.L. con 70.025,17) e El Progreso de Lugo, S.L. (126.635,24).  Con menos cantidade quedaron El Correo Gallego ( Editorial Compostela, S.A.) que recibiu 90.086,01 euros e o Grupo La Capital (El ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e DxT) que, a través de Editorial La Capital, S.L, con 86.118,78 euros.Curiosamente,  La Región só percibiu o pasado ano polo xornal Atlántico Diario un total de 20.879,29 euros, pero non pola editora matriz, Grupo La Región.

Nestas axudas da Secretaría Xeral de Medios tamén foron beneficiadas varias emisoras asociadas á Cadena Ser, como a propia Sociedad Española de Radiofusión, S.L (Cadena Ser en Galicia) con 29.385,47 euros, Radio Pontevedra, S.A. (29.541,15), Radio Vigo, S.A. (32.610,08) ou Radio Lugo, S.A. (18.298,31). Pola súa banda a Cadena Cope, a través de Radio Popular, S.A., recibiu 91.436,94 euros.

O galego nos medios

Pero o que chama a atención destas axudas é o pouco nivel de esixencia do Goberno galego. Entre os poucos requisitos a nivel informativo que se piden é que os xornais ou radios  utilicen como mínimo un 8% de porcentaxe de galego nas súas informacións.

E como deben acreditalo?. Pois con varios documentos que se repiten ano tras ano sen que, ningún dos medios “aumente” o uso do galego. Entre estes informes comúns que teñen que presentar está unha declaración responsable indicando a porcentaxe do emprego da lingua galega nas publicacións, informacións ou emisións do ano natural anterior ao da convocatoria e compromiso futuro expreso de que vai manter ou incrementar esta durante o ano da correspondente convocatoria.

Tamén outra declaración responsable que indique a porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións orientadas á normalización da lingua, á defensa da identidade de Galicia, á promoción dos seus valores e á defensa da súa cultura no ano natural anterior ao da convocatoria.

En todo caso, a Xunta tamén ten outra liña de axudas para os medios en galego. Unhas axudas que, inicialmente eran de 40.000 euros e que, como no caso anterior, tamén aumentou en 160.000 euros. Sen embargo, e a diferencia do que acontece coas axudas aos grandes grupos mediaticos, na que tamén se subvencionan medios dixitais ou radios deses grupos, estas axudas só están destinadas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Gallego

Esta Xunta empieza a parecerse al bipartito, pero claro, a Galicia Confidencial no le toca nada.

3 preguntando

por que cando saen estas noticias aparescen elementos como os dous daquí abaixo (suponho que sómentes é un) acusando o bipartito do mesmo? Acaso lhes parece ben que o faga o PP? Que queren realmente?

1 Agora

Que o faga o PP está mal, pero moito peor que quen o denuncia, como son PSOE e BNG, o fixeran por triplicado, ou agora mesmo no Concello de Vigo. Pero aínda e moito peor que este medio de comunicación oculte estas prácticas cando as fan determinados partidos. Mirando a publicidade que recibe sábese a quen serve. Xa está ben de que nos tomen por parvos.

2 Memoria Histórica

Non me parece tanto tendo en conta que so ao sinvergonza do Tito déranlle no bipartito tres millóns de pavos, tres.

1 Agora

Os medios prefiren un bipartito. Cando gobernaban os partidos de Touriño e Beiras recibían moito más que agora