Case 100.000 galegos presentan a declaración da renda nos tres primeiros días e ao 89% saíulles a devolver

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2025 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

Un total de 96.754 galegos xa presentaron a declaración do IRFP nos tres primeiros días de Campaña, un 4,29% menos que no mesmo período do ano pasado. De todos eles, a 86.292 --o 89%-- saíulles a devolver, un 5,35% menos.

Segundo cifras da Axencia Tributaria (AEAT) actualizadas a este venres, 4 de abril, un total de 200.448 persoas accederon á web da declaración da renda (-5,6%), das cales 96.754 xa a presentaron. Á gran maioría (86.292) saíulles a devolver contías que, entre todos eles, sitúanse nuns 65 millóns de euros, un 2,26% máis que a estas alturas da campaña anterior. As devolucións acordadas ata este venres son 25.714 (-5,75%), por case 13,3 millóns de euros (+1,76%).

Mentres tanto, as declaracións que saíron a ingresar son só 6.765, pero supón un incremento de 6,55%. Estes contribuíntes terán que abonar 4,9 millóns de euros, un 16,46% máis que no tres primeiros días do ano pasado.

Unha persoa cumprimenta a declaración da Renda
Unha persoa cumprimenta a declaración da Renda | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta