O PP únese a un deputado expulsado do PSdeG para paralizar inversións en 67 concellos de Lugo

Socialistas e nacionalista denuncian a total “complicidade” de Elena Candia e Manuel Martínez para favorecer só aos concellos nos que son alcaldes, Mondoñedo e Becerreá.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 26/04/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Os 12 deputados do Partido Popular na Deputación de Lugo uniron o seu voto ao do deputado expulsado do PSdeG, Manuel Martínez, para votar abaixo a inversión de case 6 millóns de euros en obras nos 67 Concellos da provincia.

Reunións secretas entre Manuel Martínez e Elena Candia nunha gasolinera do Corgo
Reunións secretas entre Manuel Martínez e Elena Candia nunha gasolinera do Corgo

O pleno que se viviu este martes en Lugo foi moi tenso. Os votos destes 13 deputados serviron para que se aprobaran as súas emendas; as do PP e as do díscolo Martínez, con quen a líder do PP, Elena Candia, mativo varios encontros en gasolineiras da provincia. Pero nunha votación posterior, e xa coa proposta emendada, os mesmos 13 deputados votaron en contra das súas propias emendas e da aprobación deste plan.

“Esta é unha actitude totalmente incongruente e responde á súa estratexia conxunta de boicotear todas e cantas iniciativas partan do equipo de Goberno”, denunciou o goberno bipartito de PSdeG e BNG. “Esta estratexia é froito do síndrome presidencialista que padecen a voceira provincial do PP e o Deputado non adscrito, que están empeñados en facer todo o que sexa posible para paralizar a actividade da Deputación, con tal de satisfacer o seu tremendo ego”, engadiu nun comunicado.

Neste sentido, o Goberno provincial tamén denunciou o acordo que existe entre o PP e o deputado casi tránsfuga Martínez para paralizar os orzamentos da deputación para 2016. “Os 13 deputados teñen bloqueado a aprobación do Orzamento porque presentaron preto dunha ducia de alegacións e ata un recurso administrativo”, suliña.

“Complicidade" entre Candia e Martínez

De feito, socialistas e nacionalistas xa falan abertamente da “complicidade” que existe en Candia e Martínez para actuar conxuntamente e paralizar a actividade do organismo provincial.  “Cas alegacións tratan de recortar investimentos para todos os concellos co fin de incrementar, exclusivamente, os de Becerreá e Mondoñedo --de onde son alcaldes-- e co resto de alegacións, tratan de ralentizar a actividade da Deputación”, engade.

Darío Campo e Antonio Veiga na Deputación de Lugo
Darío Campo e Antonio Veiga na Deputación de Lugo | Fonte: deputacionlugo.org

A pesar deste revés, o goberno bipartito anunciou que prevé aprovar os orzamentos nun pleno extraordinario que se celebrará en maia, “a pesar de todas as trabas que segan a interpoñer trece deputados”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta