Méndez Romeu, o principal rival de Leiceaga

O voceiro parlamentario do PSdeG baralla presentarse ás primarias do PSdeG tras manter diversas reunións con dirixentes do partido.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/05/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG no Parlamento galego, José Luís Méndez Romeu, podería ser o gran rival de Xaquín Fernández Leiceaga no proceso de Primarias aberto no PSdeG para elixir o vindeiro candidato á Presidencia da Xunta.

José Luis Méndez Romeu, portavoz parlamentario do PSdeG
José Luis Méndez Romeu, portavoz parlamentario do PSdeG | Fonte: cadenaser.com

Méndez Romeu anunciou este luns que non se descarta  nese proceso. “Agardo que nos próximos días haxa máis respostas que ofrecer, ademais da de Xaquín Fernández Leiceaga”, apuntou. De feito, el mesmo confirmou que está mantendo contactos para analizar as súas posibilidades.

É notorio que se están producindo reunións e debates con carácter máis ou menos público, e de aí sairán ou non sairán as persoas que deban presentarse", sinalou. En todo caso, ten ata o vindeiro 13 de maio, logo de ampliarse o prazo inicial dado pola Xestora.

Deste xeito, o portavoz parlamentario insistiu nos beneficios de que se presente máis dun candidato. “Ceo que iso é o interesante do proceso de primarias, o debate, máis que o feito en si de votar a unha persoa ou outra que, en todo caso, vai representar sempre ao partido socialista", argumentou.

O seu obxectivo, dixo, é "ofrecerlles aos cidadáns unha resposta alternativa ao que vén sendo a política do Partido Popular" e "unha proposta de como debe ser un Goberno alternativo en Galicia".

Por iso, Méndez Romeu sinalou que o importante agora é definir "sobre que eixos, con que persoas" e "con que perfís" búscase traballar a partir de agora que xa se sabe que os comicios autonómicos celebraranse o próximo outono e non coincidirán coas xerais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Vigués

Boas noticias para Feijóo

1 Sesese

Bo político, sin populismos nin histrionismos , si sae ten meu voto

1 Galego

Tes razon, o autor do plus dos altos cargos e discipulo do politico de do antigalego paco vazquez, toda unha eminecia. Se este e o millor que ten o psoe ??, como seran os outros.