Desarticulada unha rede criminal de difusión de imaxes íntimas de mulleres

Foron detidas 11 persoas, entre elas, nas cidadades de Santiago e Vigo.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 24/04/2025 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A Policía Nacional desarticulou unha rede criminal, coa detención de 11 persoas en varias provincias españolas, entre elas nas cidades de Santiago e Vigo, que se dedicaba á difusión de imaxes íntimas de mulleres previa subscrición a unha canle de mensaxería instantánea.

A investigación iniciouse tras ter coñecemento a través do correo redesabiertas@policia.es pola difusión de material audiovisual de mulleres que non deran o seu consentimento, o que permitiu á Policía localizar ao líder da trama, que chegou a obter o contido sensible de máis dun centenar de mulleres.

Segundo informou a Policía, a investigación permitiu deter a 11 persoas --incluído o líder da trama-- nas cidades españolas de Valencia, Zaragoza, Vigo, Santiago de Compostela, Avilés e Hospitalet de Llobregat, así como identificar a 26 vítimas ata o momento.

ACCESO A PERFÍS PRIVADOS

As investigacións dos axentes permitiron detectar que o líder da trama obtiña contido privado das vítimas mediante o acceso aos seus perfís privados, de onde o extraía sen autorización e vulnerando as normas da plataforma. Unha vez que posuía o material audiovisual distribuíao sen coñecemento nin consentimento das vítimas a través de canles de mensaxería instantánea que creou para a súa difusión.

Durante a investigación levou a cabo un rexistro no domicilio do responsable da trama no que se interveu un computador e tres terminais móbiles, podendo localizar e descargar 568 cartafoles que contiñan case 120.000 arquivos.

Ademais, localizouse unha rede de colaboradores que intercambiaban material co principal arrestado e unha rede de "mulas" que lle daban soporte financeiro. Esta rede de "mulas" recibía en contas bancarias propias o diñeiro procedente do delito para despois facerllo chegar ao líder da estrutura criminal.

Imaxe dunha axente e dun coche patrulla da Policía Nacional
Imaxe dunha axente e dun coche patrulla da Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta