O PSdeG reproduce en Galicia a guerra que manteñen Díaz e Sánchez

Os dous grandes candidatos, Méndez Romeu e Leiceaga, representan visións moi diferentes dentro do socialismo galego. Os apoios están moi divididos e dependerá do que se poidan mobilizar os distintos baróns do partido.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/05/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O PSdeG camiña cara unha das peores confrontacións que tivo ao longo da súa historia. A gran división que existe no PSOE entre Pedro Sánchez e Susana Díaz tamén se trasladou a Galicia coa conformación de dous grandes bloques antagónicos. Por un lado, José Luis Méndez Romeu, apoiado por antigos baróns como Pachi Vázquez, José Blanco, José López Orozco ou Xosé Sánchez Bugallo e por actuais, como Abel Caballero. Polo outro, Xaquín Fernández Leiceaga que conta co respaldo da actual xestora socialistas e novos baróns como Valentín González Formoso, Darío Campos ou Lara Méndez.

Susana Díaz e Pedro Sánchez nunha xuntanza do PSOE
Susana Díaz e Pedro Sánchez nunha xuntanza do PSOE | Fonte: elconfidencialdigital.com

É unha batalla en toda regra na que cada bando ten o seu exercito e as súas estratexias. O de Méndez Romeu conta co respaldo de Susana Díaz, o de Leiceaga co de Pedro Sánchez. E cada un deles está convencido da vitoria. No medio, un tercer candidato, Gonzalo Caballero, quen a priori non ten posibilidades pero que, a posteriori, pode marcar o futuro desta contenda.

Polo momento, os tanteos xa están feitos, tamén a medición de forzas. O sector de Méndez Romeu presume de contar con case toda a provincia de Ourense e de Pontevedra, tamén con boa parte da Coruña. E de Lugo, territorio do ex secretario xeral José Ramón Gómez Besteiro, a quen acusan de estar detrás da elección de Leiceaga, suliñan que "haberá sorpresas". "A día de hoxe a elección está gañada", apuntan fontes consultadas por GC.

Apoios

Sen embargo, o bando de Leiceaga, "Xocas", rebaixa as expectativas do outro sector. Sinalan que Méndez Romeu só conta co apoio de Vigo, da súa área metropolitana e dalgunha agrupación do interior, pero que o Baixo Miño, Pontevedra, Arousa e o Condado-Paradanta non está co portavoz socialista no Parlamento. "A día de hoxe estamos falando dun 60-40% a favor de Méndez nesta provincia", apunta outro veterano militante que traballa na candidatura de Xocas.

A provincia da Coruña, segundo este militante, estaría dividida. A Coruña, Ferrol e A Costa da Morte apoiarían a Méndez Romeu, mentres que Santiago e as comarcas do interior e algunhas da costa estarían con Leiceaga.

Onde máis apoio tería Méndez Romeu sería en Ourense, pero non contaría cos apoios de Ourense cidade, Rivadavia, Xinzo e outras vilas medias. Pola súa banda, a praza forte de Xocas sería Lugo, aínda que agrupacións como Sarria apoiarían a Méndez.

Os dous contrincantes xogan tamén con apoios institucionais importantes. Méndez Romeu co da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde Abel Caballero.  Un apoio que é circunstancial ante a imposibilidade de prensentar un candidato máis afín a este sector. O de Xocas cos presidentes das deputacións da Coruña e Lugo e a alcaldesa de Lugo. Precisamente, as declaracións de hai uns días de Valentín González sobre a idade do voceiro parlamentario do PSdeG provocaron un ácedo debate. "Cantas máis barbaridades desas diga, máis apoios teremos", ironizou ao respecto un dirixente consultado que apunta que ir co discurso da renovación en Galicia "non coa" porque "a maior parte dos militantes son moi veteranos".

E nesta guerra calquera arma vale. Se o presidente da Deputación da Coruña criticou a idade de Méndez, desde este sector lembran que Leiceaga militou no BNG "e na súa época nova escribía en lusista". "Leva unha chea de anos na política e que non digan que é a renovación", apuntou este dirixente consultado.

Do outro bando insisten en que Médez Romeu representa o "máis carca" do PSdeG. "Ese socialismo cheo de baróns dos anos noventa que pensan que aínda poden controlar o partido ao seu antollo", engaden as fontes consultadas.

Gonzalo Caballero

Con todo, a primeira contenda será este venres, a dos avais. Aí xa se poderá ver con que apoios contan uns e outros, "aínda que hai quen pode xogar ao despiste", suliñan. Son necesarios 1.010, pero, como haberá algúns repetidos e outros de militantes que non están coa cuota ao día, "haberá que ter máis de 1.300, por se acaso". E nese primeiro corte poder haber sorpresas co terceiro candidato, Gonzalo Caballero.

Precisamente, pode ser el quen desnivele esta batalla porque, segundo as fontes consultadas, os votos que irían para a súa candidatura restarían na de Leiceaga e non na de Méndez. "Por iso non é descartable que lle cedan avais para que supere ese corte", destacan.

Con todo, supere ou non ese listo, outro militante próximo a este sector destaca que "Gonzalo non é parvo" e que, chegado o caso, podería unirse á candidatura de Leiceaga se cumple un mínimo de esixencias do seu programa. E é que como ben indica, o que se vota o 28 de maio, "é a renovación ou a vella política". Un modelo de socialismo que di encarnan Pedro Sánchez e Susana Díaz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 excelsium

Romeu, quiere volver a la política, después de destrozar el bipartito con el amigo Pachi Vázquez y gastarse una fortuna en su despacho de decoración oriental., entre otras cosas.

3 Zeca

senhoras que acreditam que ser lusista é mau...

2 Gamela

e eu que pensaba que non había 3000 socialistas pagando cuota en Galicia ? a estes o que lles gusta é cobrar aínda que sexa Vigo quen paga...!!!

1 Burgas

Leiceaga é un monicreque de Lage Tuñas. Está por detrás Baltarín?

1 sanedrín

E Romeu do politico flauta de Moreda y cia.