Arrincan as declaracións da Operación Pulpo, o caso que fixo dimitir a Besteiro

O ex secretario xeral do PSdeG tivo que deixar o seu posto ao ser investigado por suborno, prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás administracións públicas, fraude de subvencións e un delito continuado de malversación.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 10/05/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A xuíza Pilar de Lara comeza este martes a toma de declaracións dos imputados na coñecida como Operación Pulpo e que supuxo a dimisión do ex secretario xeral do PSdeG, José Ramón Besteiro. O xefe de Protocolo da Deputación de Lugo será o primeiro dos sete investigados en declarar no Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo,  aínda que os interrogatorios continuarán ao longo de toda a semana.

Pilar de Lara, instructora da Operación Pulpo
Pilar de Lara, instructora da Operación Pulpo

Para o mércores está prevista a comparecencia de Gómez Besteiro, que será o primeiro en declarar, no seu caso, como investigado por suborno, prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás administracións públicas, fraude de subvencións e un delito continuado de malversación, tamén prestará declaración outra funcionaria do departamento de comunicación e o empresario Raúl López.

Ao día seguinte pasarán polo xulgado o secretario adxunto, a interventora e o asesor de fondos europeos da Deputación de Lugo.

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de de Lara, investiga na chamada Operación Pulpo a existencia dun "armazón" na Deputación de Lugo para "manipular concursos", outorgar de forma "fraudulenta" subvencións e "desviación de caudais públicos".

Nun auto precisa que "na comisión de tales delitos participaría un elevado número de autoridades e funcionarios, pertencentes á Deputación de Lugo, quen coordinadamente e de forma continuada no tempo poderían, presuntamente, perpetrar un cúmulo de irregularidades con posible encaixe penal".

A xuíza puxo a lupa sobre o programa de visitas guiadas KM0, os contratos coas empresas de Raúl López, as subvencións a entidades deportivas presididas por este empresario, os chamados gastos sociais da institución e o acceso a unha praza de funcionaria de quen foi xefa de comunicación da Deputación de Lugo.

Sen embargo, o organismo provincial lembroulle á xuíza que moitas das axudas que investiga foron outorgadas na época de Cacharro Pardo, do PP, como presidente deste ente, e destacou que os gastos sociais eran para o persoal funcionario desta entidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tonecho Llsada

Que rico o polbo. Teño fame.