O BNG quédase só co PCPG e a FOGA

Luís Bará e Ana Miranda poden liderar a lista do Bloque por Pontevedra, que repetirá candidatos para as xerais nas outras tres provincias.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/05/2016 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Xosé Luís Bará Torres será, salvo sorpresa de última hora, o cabeza de cartel do Bloque pola provincia de Pontevedra para o 26 de xuño. O concelleiro de Mobilidade e Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra substituirá neste posto a Carme Adán. 

Luis Bará
Luis Bará | Fonte: Adrián Estévez (Estevoaei) wikimedia

A política viguesa renunciara tras os pésimos resultados do 20D e por non compartir a estratexia do Bloque de pechar a porta as mareas.

O nome de Bará, filtrado o martes, ten que ser confirmado no Consello Nacional deste sábado. O propio interesado non confirmou a noticia, pero publicou un chío cunha cita de Castelao a prol das forzas políticas nacionalistas:

Bará é un político cunha longa carreira, fundamentalmente como concelleiro de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e principal referente municipal da UPG, o partido comunista máis numeroso na fronte. A súa escolla mostra como o Bloque insiste na liña -defendida pola UPG- de non pactar con forzas de ámbito estatal.

Si tenta pactar con outras forzas moi pequenas de ámbito galego. O Bloque ultima acordos coa Federación Obreira Galega (FOGA) e o Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG) para formar unha lista que planea chamar BNG-Nós Candidatura Galega.

O 20 de decembro presentouse só como parte da coalición Nós Candidatura Galega. Dela formaron as tres forzas xa citadas máis Coalición Galega e o Partido Galeguista. Coa saída destas dous últimos partidos, de ideoloxía de centro-dereita, a nova coalición limítase a forzas de ideario marxista e asume as siglas do BNG como referente principal.

O Bloque citou como causa dos nefastos resultados das xerais a ausencia do BNG das papeletas. Agora tentará volver as cortes con candidaturas que repiten cabezas de cartel (Carlos Callón na Coruña, Noa Presas en Ourense e Olalla Rodil en Lugo) salvo en Pontevedra, onde ademais de Bará pode incorporarse como número 2 Ana Miranda, a eurodeputada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

2 artabrosur

balbino...balbino, faite mirar o teu pq non hai deus que lle atope senso o que puxeche.

1 balbino

Esta xente é a que ten quen dirixa o Bloque, e nom os chupóns que foron saltando para a Marea e demáis chiringuitada. A baixada de pantalóns e ridículo de ANOVA e Beiras, a oferta de Podemos de ir xuntos o senado co PSOE nom son noticia para Galicia Confidencial demostrando de novo que nom hay moita diferencia xornalística coa Razón, ABC ou 13tv entre outros. Agora comezará a ladrar o encubridor de pederastia con que o Sermos isto sermos o outro.