Amagos de dimisións no PSdeG tras as primarias

O alcalde de Muxía amaga con deixar a militancia do PSdeG e o voceiro parlamentario, José Luis Méndez Romeu sopesa deixar tamén o cargo tras saír derrotado nas Primarias.

Por Galicia Confidencial | Muxía | 31/05/2016 | Actualizada ás 08:53

Comparte esta noticia

As augas andan xa revoltas no PSdeG logo da victoria de Xoaquín Fernández Leiceaga no proceso de Primarias. A agrupación socialista de Muxía e o o voceiro parlamentario e ex candidato, José Luis Méndez Romeu, pensan en dimisións.

Manuel Valeriano Alonso Pichurri, alcalde de Camariñas e Félix Porto, alcalde de Muxía, forman parte da Comitiva do PSOE Costa Atlántica
Manuel Valeriano Alonso Pichurri, alcalde de Camariñas e Félix Porto, alcalde de Muxía, forman parte da Comitiva do PSOE Costa Atlántica | Fonte: QPC

Méndez Romeu convocou para este martes unha rolda de prensa na que podería anunciar cambios na súa situación na Cámara logo da súa derrota nas Primarias. Segundo as fontes consultadas, o voceiro parlamentario socialista estaría pensando en deixar o seu posto xa que entende que sería "incompatible" coas novas esixencias do partido.

"Entende que sería moi fácil para Feijóo desacreditalo nas sesións de control ao goberno", apuntan fontes consultadas por GC que indican que iso o deixaría nun mal lugar a el e ao partido. 

Así, a agrupación socialista de Muxía co alcalde deste municipio coruñés, Félix Porto, á cabeza amaga con deixar a militancia en bloque tras negarse xa o pasado sábado a constituír a mesa para participar nas primarias.

Este paso foi interpretado por algunhas fontes socialistas consultadas por Europa Press como "un cabreo puntual" que se "escenificou" para que poida arranxarse. "É unha chamada de atención para abrir un diálogo", indicaron outros cargos do partido. Sen embargo, Porto e toda a agrupación da Costa da Morte foi unha das que máis apoiou a candidatura de Méndez Romeu.
 
Pola súa banda, en declaracións a Europa Press, o propio rexedor evitou aclarar cál é a súa situación de militancia no seo do PSdeG, e asegurou, ese respecto, que non cree que "interese".

"Son socialista de corazón e convicción, e vou votar a Leiceaga nas eleccións autonómicas. É a única noticia susceptible en Muxía, que o vou votar nas próximas eleccións", limitouse a dicir o primeiro edil desta localidade de A Costa da Morte.

Pola súa parte, preguntado polos xornalistas ao respecto nunha comparecencia pública, quen será o próximo candidato do PSdeG á Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo non coñecer en profundidade o asunto salvo que "é un asunto que vén de atrás" e que non ten "nada que ver co proceso de primarias".

"Estase a tratar de forma discreta nos órganos do partido", apostilou, dende o convencemento de que é "un tema orgánico que hai que resolver no ámbito orgánico".
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta