Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/07/2016 | Actualizada ás 09:20
Este mércores terá lugar unha manifestación convocada por distintas centrais sindicais, asociacións culturais e traballadores contra o desmantelamento do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). A protesta terá lugar ás 20 horas na rúa Durán Loriga da Coruña.
A proposta de RPT formulada pola Xunta de Galicia implica a desaparición de 3 postos de traballo e o despedimento do traballador que ocupa una das dúas prazas de proxeccionista.
As entidades convocantes esixen o mantemento deste servizo público e a dotación de persoal necesario tal e como xa trasladaron nas diferentes mesas de negociacón e comisión de persoal nas que se tratou este novo recorte de servizos públicos.
O CGAI é o único organismo galego adscrito á Federación Internacional de Arquivos Fílmicos e, logo de 25 anos de vida, converteuse nun centro de referencia non só no ámbito estatal senón tamén europeo.
“A súa desaparición ou confinamento a un mero organismo decorativo constitúe unha grave ameaza para a memoria histórica de Galiza”, apuntan desde a CIG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.