Méndez Romeu deixa a política

De xeito inesperado e collendo por sorpresa para os seus propios compañeiros na bancada do PSdeG. Así acaba de anunciar no Parlamento José Luíz Méndez Romeu a fin da súa dilatada carreira pública.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 15/07/2016 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Quen fora voceiro parlamentar do PSdeG na maior parte da lexislatura, aproveitou a súa intervención no último pleno da lexislatura para realizar o anuncio. O xesto -persoal e non pactado coa cúpula socialista-  mostra as feridas abertas no grupo socialista.

Méndez Romeu nun debate no Parlamento
Méndez Romeu nun debate no Parlamento

Crítico coas mareas

O político coruñés competiu e perdeu nas primarias ante Xaquín Fernández Leiceaga. A competición xirou en boa medida sobre a relación coas mareas. Romeu, coruñés discípulo político de Paco Vázquez, apostaba por cuestionar os pactos para defender a primacia do PSOE na esquerda. Leiceaga á máis proclive ao entendemento coas confluencia e os resultados do 26X reforzárono, ao no producirse o sorpasso.

Trala axustada derrota nas primarias, os seus apoios na estrutura do PSdeG tentaron compensalo co cargo de senador por designación autonómica. A xestora de Pilar Cancela e os partidarios de Leiceaga mantivéronse firmes e, malia o intercambio de golpes dialécticos, ao final ninguén votou en contra da designación do candidato dos vencedores, Modesto Pose. Desencantado, Méndez Romeu tirou hoxe a toalla diante daqueles que lle non conferiron a súa confianza. 

Biografía política

Nado na Coruña o 24 de xullo de 1951, estudou pedagoxía. Foi concelleiro de Educación e Cultura do Concello da Coruña desde 1987 ata 2003 a sombra do polémico Paco Vázquez e presidente da Orquestra Sinfónica de Galicia (1994-2004). Tenente de alcalde e Concelleiro de Urbanismo (2003-2004). Foi tamén responsábel de educación do grupo socialista no Parlamento de Galicia mentres foi deputado (1994-2004).

Méndez Romeu nun acto con mulleres do seu partido, entre elas, Carmela Silva, Mar Barcón, Beatriz Sestayo ou Laura Seara
Méndez Romeu nun acto con mulleres do seu partido, entre elas, Carmela Silva, Mar Barcón, Beatriz Sestayo ou Laura Seara | Fonte: EP

Entre 2004 e 2005 foi secretario de estado de Cooperación Territorial no goberno español. Exerceu o cargo de Conselleiro de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia dende o 2 de agosto de 2005 ata 2009. Na lexislatura que remata este mes, foi voceiro do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego até que se presentou as primarias.

Caamaño e Méndez Romeu nun acto das primarias
Caamaño e Méndez Romeu nun acto das primarias | Fonte: E.P.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Sesese

Magoa. Bo político e bo parlamentario sin istrionismos nin populismos . O Psoe perde un gran valor . Ala eles ca suas decisions. Ainda que no fondo fai ben , a política estase a prostituir

1 Parada do Sil

Vai cheo!

1 Galego

Resposta para sesese