¿Sodes burricáns o que? A verdade está dita claramente no primeiro parágrafo:
"Con data de 16 de abril de 2009, previa fiscalización da Intervención Delegada da mesma data, foi autorizado e aprobado o expediente de gasto..."
¿Quen aprueba un expediente de gasto? Son documentos contables, ao remate dos cales hai espazo para tres sinaturas:
- na esquerda, asina o alto cargo que propón o gasto: neste caso, o Director xeral de Calidade (do PSdG, xa que asinou antes o durante o 16 de abril)
- no centro, asina a Intervención Delegada, neste caso da Consellería de Presidencia: foi o 16 de abril, cando aínda gobernaba o bipartito, como ben di
- e na dereita, asina quen ten autoridade para aprobar o gasto: o Conselleiro de Presidencia, mais por delegación faino o Secretario xeral: e asinouno o 16 de abril, como di expresamente.
¿Quen era Conselleiro/Secretario xeral da Consellería de Presidencia o 16 de abril de 2009? El PSdG.
É dicir, foi o PSdG quen aprobou gastar 2 millón de euros en licencias Microsoft. Que culpa ten o PP de eso? O único que lle corresponde ao PP é decidir se contrata definitivamente o servizo a Microsoft Ireland, que é do que trata este papel. Mais o pago xa foi aprobado polo PSdG.
Cuidado cos papeis que se publican na Rede: se non se sabe ben de que tratan, nin o que din, vóltanse contra a ignorancia do autor.