Luís Villares gaña apoios para liderar a marea nas eleccións galegas

O voceiro de Jueces para la Democracia recibe o respaldo explícito de Esquerda Unida e gabanzas dende ANOVA e os municipalistas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/08/2016 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Por exemplo, hoxe Esquerda Unida deulle un apoio inequívoco. A líder Yolanda Díaz declarou que o voceiro de Jueces para la Democracia en Galicia “vai ser o capitan dun barco no que esperamos que a singradura sexa positiva”.

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: Red Arnela

A deputada argumenta que Villares “representa ao cambio”, ten un perfil “profesional” e unha traxectoria que esixe darlle as “grazas” se acepta finalmente concurrir ás primarias.

As palabras de apoio de Díaz son as máis nidias, pero ningún dos axentes que colaboran na confluencia cuestionou publicamente este nome, e leva meses sonando nos ruxe-ruxes sobre o cabeza de cartel.

Onte mesmo, Antón Sánchez, un dos voceiros de ANOVA, gababa o seu perfil. Iso si, o deputado sinalou que “está por ver” como se concretan as primarias. Nun sentido similar pronunciouse o alcalde de Santiago, tamén militante de ANOVA. Martiño Noriega destacou que o xuíz ten “moito prestixio” pero de seguido indicou que hai outras persoas que tamén o teñen. Dende as mareas locais, Xulio Ferreiro dixo que lle parecería “estupendo” que se presentase ás primarias, posibilidade que se mantivo no aire até hoxe, cando Podemos votou sumarse á confluencia. Segundo varios medios, Villares non se quería presentar se Podemos se presentaba só.

Agora está por ver se o nome de Villares suscita o apoio no partido morado. Os 6.000 sufraxios emitidos na votación podemita sobre a confluencia indican que o peso desta formación pode ser determinante nas primarias de En Marea. 

Biografía de Luís Villares

Villares é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e xuíz de carreira dende 2005. Chegou a maxistrado do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional (2010-2011), titular no Tribunal Superior de xustiza do País Vasco (2011-2012), no Xulgado Contencioso administrativo de Lugo e na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi coordinador en Galicia da Asociación progresista Xuíces para a Democracia e é membro fundador da Irmandade Xurídica Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

17 Loureiro

Como non vai recibir gabanzas desde Esquerda Unida se é o candidato de Yoli Procesiones

16 Lider

http://www.lavozdegalicia.es/notici... El alcalde de FeC (perdón, Izquierda Unida) lider da confluencia En Marea

15 Gamela

Comentando a biografía de Luís Villares, semella que o rapaz é un cú de mal asento... 2005 / cinco anos / un ano na Audiencia Nacional / un ano no País Vasco / pasou por Lugo e chegou á Coruña nun TSXG que vén declarando LEGAL todos os recursos da Xunta de Galicia (dito sexa de paso!) // Non sei onde están os feitos que AVALAN a este rapaz ??? Claro que comparado con Feijoo calquera é mellor co amigo de Marcial Dorado !!!

1 Le primeiro

Un xuíz interpreta e aplica a lexislación vixente, pero non a fai, penso que é obvio: a un xuíz non lle ten por que gustar as leis que hai, pero non pode saltar por elas.

2 Gamela

levas razón, pero sería interesante coñecer algunha sentenza interesante deste xuíz para poder opinar con coñecemento de causa (que se dí) ? A min o que máis me sorprende da súa "carreira profesional" é a rapidez coa que cambia de destinos...? Pero igual é que tiña ganas de chegar á casa... Insisto en que sería boa cousa coñecer algo máis concreto do que suponse será o futuro Presidente de Galicia ?

14 Chimeneas

Folla de ruta de La Procesiones. Arrímome a Beiras para ser deputada autonómica (AGE): conseguido. Arrímome a Pablo para ser ministra: non conseguido. Arrímome a Luis Villares para....: a.ver por cl chimenea se cola.

13 Gamela

Se a Marea Constituinte achegou 2821 sinaturas (vai a saber de quen) pois no acto de Vigo nin siquera chegaron a 1000 persoas.... // Podemos Galicia 6000 votos (vai a saber) ? // Así que as listas deberan ser 2x1 (dúas personas de Podemos por unha da Marea) Outra cousa é onde imos colocar ao suposto número 1 (o xuíz Villares, onde o metemos? en Anova, en Podemos, ou vai por libre? Confusion, será o noso EPITAFIO !!!