DOCUMENTO.- O futuro de Diz Guedes

O ex conselleiro de Política Agroalimentaria e ex delegado do Goberno en Galicia, Juan Miguel Diz Guedes 'Pipo', podería estar argallando a súa volta á política activa en Tui, a súa vila natal, tras darse de baixa como militante do PP...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/10/2006 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

None

Esta operación, da que tamén é coñeceder o seu mentor, amigo e aínda deputado popular, Xosé Cuiña, aínda non está pechada e podería ter sido afectada pola imputación nun delito urbanístico do actual rexedor, o tamén popular Antonio Feliciano Fernández Rocha.

Este medio puido coñecer de xente do seu entorno que 'Pipo' pediu a baixa do PP "farto da prepotencia que a actual dirección amosa con históricos membros e dirixientes do partido". Ademáis, sinalan que "se apartou" ou "xa non se conta para nada" con ex conselleiros e ex dirixentes do partido, "moitos deles no Parlamento".

Segundo puidemos saber, no PP son coñecedores das operacións do ex conselleiro de Política Agroalimentaria, pero están convencidos que "non vai chegar a nada". Nos últimos días a redacción deste xornal recibiu un correo lembrando as vinculación do propio Diz Guedes coas tramas urbanísticas de Tui.

Neste e-mail sinalan que:

"Toda a tramitación do PXOU de Tui desde 1992 ata a súa aprobación definitiva pola Xunta o 7-10-1994, se realiza mentres o Sr. D. Juan Miguel Diz Guedes compatibiliza a presidencia do Comité Local do PP de Tui (1989-1995) e as funcións de asesor do Sr. Cuíña (1991-1993) e Conselleiro de Xuztiza (1993-1996)".

Ademáis, lembra que Diz Guedes, por si mesmo ou como membro da mercantil DIZGUE S.L foi un dos beneficiados pola construcción dun edificio de 36 vivendas e baixos comerciais nun solar da súa propiedade.

Tamén se di que "a trama urdida polas autoridades municipais enganaron de xeito manifesto á entón Xefa da Área Urbana do Catastro en Pontevedra, Pilar Rojo" xa que lle facilitaron información urbanística "inveraz" e provocou que a ex conselleira de Familia "redactara unha ponencia de valores catastrais de 1995 con documentos oficiais manipulados". Unhas denuncias que tamén coinciden con acusacións formuladas polo PSOE hai uns anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 enfin

Quien es un impresentable es el señor Feijoo, ese que le gusta muñir a su gusto y deshacer lo que a otros tanto les ha costado construir. Y ya veréis como Diz Guedes no es el único que se va del partido, hay otros muchos que lo están pensando.

4 nerub

Tamén podería (sempre condicional) Quintana e Núñez Feijoo acostarse xuntos. Aquí por poder... Parecedes os de Aqui hay tomate

3 Carla Arroyo

Querido Santi: Que decidan os cidadáns. O totalitarismo está moi ben nas mentes antidemocráticas que pululan pola rede. Se lle chamas impresentable, mellor disllo á cara, porque insultar na rede é de cobardes

2 Santi

En tui non é a primeira vez que sabemos das aventuras deste homiño. É certo que mantivo varias xuntanzas con xente que ten influencias políticas e económicas na vila, pero polo que sei están acojonados e non se deciden a dar o paso. Algúns deles aparece implicado na última denuncia contra Rocha. A ver que pasa, pero agardemos que non volva este impresentable.

1 hdg

Andades perdidiños,de entrada ningén máis que vos conocen o elememto por "pipo", pegalle, pero vai ser que non. Do resto, ides por a ramas,sin sustancia, moi frio.Estades a facerlle un favor con a vosa primicía.