Comparte esta noticia

O satélite Terra pasou onte ao mediodía sobre a costa atlántica ibérica. O trebello captou, mediante un instrumento chamado Espectómetro de Imaxes de Moderada Resolución, o fume dos moitos lumes que están a sufrir Galicia e Portugal.

Fume dos incendios forestais nunha imaxe da Nada
Fume dos incendios forestais nunha imaxe da Nada

O vento empurraba daquela as lapas e o fume cara o sureste. Os principais incendios vense en Portugal, pero tamén hai lumes no sur de Galicia e no interior da provincia da Coruña.

O significativo da fotografía levou á conta oficial da embaixada dos EE.UU. en España e Andorra a publicar a foto na súa redes sociais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta