"Estou farto destas imaxes, das fogueiras e dos cortes de rúas"

A folga do metal está dividindo á sociedade viguesa e comeza a causar rexeitamento entre a poboación, especialmente, pola actuación duns poucos. Asi nolo contan dende Vigo, onde hoxe produciuse un novo episodio de diferencias entre manifestantes e cidadáns...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/06/2009 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

None

O que vou contar ocorreu hoxe as 10.30h da mañá na rúa Elduayen, o comezo antes da curva que leva o Sireno, cando andando vexo a un encapuchado tirando as vallas das obras e os contentores, nada fora do normal nestes casos, e do que non vou dicir nada, pero nese momento a xente empezou a berrar desde os balcóns e as fiestras, que parase, que non fixera iso, e comezaron a chamarlle "delincuente". O estar só, xa que era a cabeza do pelotón, que o seguía mais atrás, a emprendeu coa primeira víctima mais cércana, a que estaba na porta da farmacia, metendo unha das vallas de obra na farmacia e de paso empuxando e golpeando a farmacéutica con ela, mentres outros dous farmacéuticos, un home e unha muller, no balcón do piso darriba intentaban parar a este desalmado ameazándoo co primeiro que colleu, unha maceta que non lle chegou a tirar. Foi nese momento cando chegou outro encapuchado e empezaron a tirarlles pedras a estes dous farmacéuticos, e dándolles en repetidas ocasións, mentres a xente berráballes que parasen, que eran traballadores igual que eles, que eran uns delincuentes, que iso non era democracia, que así non conseguirían o apoio da xente, e o único que se lle ocorreu dicir foi, hai que acabar co capitalismo! E encarouse coa xente ameazándoa con golpeala, en especial un home duns sesenta e moitos anos, o que non se botou atrás, e o que tiveron que sacar dalí, e é que xa se sabe que cando faltan argumentos, o máis fácil é acudir a violencia. Logo disto, seguín andando ata a Porta do Sol, e vímonos en medio do campo de batalla, tirando bolas de goma e pedras dun lado o outro. Cando o lance de obxectos rematou, os resultados foron, unha señora chorando cun ataque de nervios, un contentor ardendo, o lado do Frutas Nieves, onde se aparcan as motos, as que tivemos que sacar para que non arderan por completo, xa que as tres primeiras quedaron danadas e medio derretidas, pregúntome quen llas pagará, ou se fose a miña, que moitas veces a aparco alí. Logo volvín o Concello pola rúa II República seguindo a parte deles, que ían incitando a xente para que se unira a loita e tirándolle unha pedra a unha moto da ferraxería Pracer, só por non parar diante deles, aínda que o pasar polo Paseo de Granada, diante da comisaría tirou o chan á outra que levaba.

Este é so un episodio que vivín eu nunha parte da cidade e que condeno enerxicamente coa cara descuberta, non coma eles, que intentaban calar con violencia as voces dos cidadáns que non pensaban o mesmo.

Son consciente das cargas policiais e non estou a favor delas, ademais de non ser acertadas en moitos casos. Tamén me contaron o caso dunha señora que pasaba por alí e queixábase de que recibira un pelotazo, pero tamén o dun vello o que lle machacaron o coche. Non sei, igual é porque a maior parte que vin foi a da carga dos manifestantes, aínda que tamén me coincidiu parte da policial, pero é que estou farto destas imaxes, das fogueiras e dos cortes de rúas.

Esta é a miña opinión tan respectable coma a do resto dos lectores, e quen pense que esaxero, que o pense". Via blog del Patos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

39 anónimo

Día libre hoxe en Vigo. Chegando a tódolos sitios a tempo.Sen sobresaltos, sen aturar petardos, pitos e berros.
Pídennos solidariedade, pero son solidarios eles con nós, cos novecenteuristas ou son a ditadura do metal.Ídevos ó carallo, quedaivos alá en Compostela pra sempre

38 Zutabe

Mañá martes chegan os do metal a Compostela pra protestaren perante a Xunta. Iremos dar unha volta por alí se nos dá a virada...

37 anónimo

non é un docente moi decente... o que non é decente é ese alumnado, cun cursiño (post-todosuspenso) de 3 meses de soldadura. Así nos vai.

36 anónimo

Pero que obreiro nin obreiros.Os obreiros de verdá son portugueses cobran 800 euros e non protestan.
Estades desfasados e pasados de moda. Xa me gustaría que os sindicatos defenderan de verdade ós que o están pasando mal, ós explotados e subcontratratados e non a eses bestias que cobran case 2.000 euros sen ter rematada a EXB

35 Zutabe

Canta infamia, que orgasmo anti-obreiro. Penoso.