Por Europa Press / Redacción | LUGO | 21/01/2025 | Actualizada ás 10:32
Dous homes foron detidos pola Garda Civil no municipio lugués de Chantada como presuntos responsables dun delito de abusos sexuais contra unha muller con discapacidade. Segundo trasladaron fontes próximas á investigación, os arrestos producíronse na xornada do luns no propio concello do sur da provincia luguesa. Os dous detidos foron trasladados a depedencias policiais, onde pasaron a noite á espera do seu pase a disposición xudicial, que se producirá na mañá deste martes, como confirmaron fontes xudiciais.
A xuíza encargada do caso ampliou horas máis tarde a investigación a unha terceira persoa e decretou a posta en liberdade dos outros dous detidos por estes feitos, coa obrigatoriedade de presentarse cada quince días ante o xulgado, que impuxo unha orde de afastamento e a prohibición de comunicarse coa vítima, unha muller que padece discapacidade. Ademais, tras solicitar a versión dos detidos, a xuíza citou a declarar a unha terceira persoa, tamén en calidade de investigado por un delito de agresión sexual.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.