Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2025 | Actualizada ás 14:44
Coincidindo co inicio da tempada do cocido, Correos activou en 21 concellos galegos a campaña especial para que os cidadáns poidan enviar con descontos os seus embutidos caseiros e a salgadura a toda a península. Manterá activa esta campaña ata o 15 de febreiro tanto nas oficinas postais como nas propias portas das súas casas a través dos carteiros rurais en Forcarei, Lalín, Silleda e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra; Becerreá, Escairón (O Saviñao), Monforte de Lemos, Samos e Sarria, na provincia de Lugo, e en Bande, O Barco de Valdeorras, Castro Caldelas, Celanova, A Gudiña, Maceda, A Pobra de Trives, Ribadavia, A Rúa, Verín, Viana do Bolo e Xinzo de Limia, na provincia de Ourense.
Os paquetes poderán levar chourizos, lacón e carne en salgadura, androlla, botelos ou chicharróns. Para iso, os clientes deben envasalos correctamente e introducir a cantidade que desexen na capacidade dos paquetes. Ao ser un produto alimentario, o servizo de Correos está pensado para que a entrega se realice con urxencia, de modo que para chegue en óptimas condicións, a admisión farase de luns a xoves. Correos ofrecerá prezos reducidos e permitirá elixir o lugar de entrega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.