Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/01/2025 | Actualizada ás 10:29
Xosé Manuel Piñeiro, un dos presentadores con máis sona e programas na TVG, faleceu este mércores en Santiago. O 'showman', de 68 anos de idade, era natural de Allariz e foi un dos rostros da TVG durante anos co seu programa 'O Supermartes' que conduciu entre 1992 e 2005.
Piñeiro tamén estivo á fronte doutros programas, coma Tequelexou, Téquele, ou Acompáñenos. Dende o 2011 presentaba o programa Bamboleo. En 2018 deixou as pantallas para afrontar un cancro, un mieloma múltiple, que conseguía superar un ano despois.
En 2019 volvía ás pantallas para presentar o especial Aquí Portugal, un espazo conxunto entre as canles públicas galega e lusa que se ofreceu en directo desde a praza do Obradoiro. Piñeiro, Superpiñeiro, foi galardoado no 2020 coa medalla Castelao.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.