"Estou farto destas imaxes, das fogueiras e dos cortes de rúas"

A folga do metal está dividindo á sociedade viguesa e comeza a causar rexeitamento entre a poboación, especialmente, pola actuación duns poucos. Asi nolo contan dende Vigo, onde hoxe produciuse un novo episodio de diferencias entre manifestantes e cidadáns...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/06/2009 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

None

O que vou contar ocorreu hoxe as 10.30h da mañá na rúa Elduayen, o comezo antes da curva que leva o Sireno, cando andando vexo a un encapuchado tirando as vallas das obras e os contentores, nada fora do normal nestes casos, e do que non vou dicir nada, pero nese momento a xente empezou a berrar desde os balcóns e as fiestras, que parase, que non fixera iso, e comezaron a chamarlle "delincuente". O estar só, xa que era a cabeza do pelotón, que o seguía mais atrás, a emprendeu coa primeira víctima mais cércana, a que estaba na porta da farmacia, metendo unha das vallas de obra na farmacia e de paso empuxando e golpeando a farmacéutica con ela, mentres outros dous farmacéuticos, un home e unha muller, no balcón do piso darriba intentaban parar a este desalmado ameazándoo co primeiro que colleu, unha maceta que non lle chegou a tirar. Foi nese momento cando chegou outro encapuchado e empezaron a tirarlles pedras a estes dous farmacéuticos, e dándolles en repetidas ocasións, mentres a xente berráballes que parasen, que eran traballadores igual que eles, que eran uns delincuentes, que iso non era democracia, que así non conseguirían o apoio da xente, e o único que se lle ocorreu dicir foi, hai que acabar co capitalismo! E encarouse coa xente ameazándoa con golpeala, en especial un home duns sesenta e moitos anos, o que non se botou atrás, e o que tiveron que sacar dalí, e é que xa se sabe que cando faltan argumentos, o máis fácil é acudir a violencia. Logo disto, seguín andando ata a Porta do Sol, e vímonos en medio do campo de batalla, tirando bolas de goma e pedras dun lado o outro. Cando o lance de obxectos rematou, os resultados foron, unha señora chorando cun ataque de nervios, un contentor ardendo, o lado do Frutas Nieves, onde se aparcan as motos, as que tivemos que sacar para que non arderan por completo, xa que as tres primeiras quedaron danadas e medio derretidas, pregúntome quen llas pagará, ou se fose a miña, que moitas veces a aparco alí. Logo volvín o Concello pola rúa II República seguindo a parte deles, que ían incitando a xente para que se unira a loita e tirándolle unha pedra a unha moto da ferraxería Pracer, só por non parar diante deles, aínda que o pasar polo Paseo de Granada, diante da comisaría tirou o chan á outra que levaba.

Este é so un episodio que vivín eu nunha parte da cidade e que condeno enerxicamente coa cara descuberta, non coma eles, que intentaban calar con violencia as voces dos cidadáns que non pensaban o mesmo.

Son consciente das cargas policiais e non estou a favor delas, ademais de non ser acertadas en moitos casos. Tamén me contaron o caso dunha señora que pasaba por alí e queixábase de que recibira un pelotazo, pero tamén o dun vello o que lle machacaron o coche. Non sei, igual é porque a maior parte que vin foi a da carga dos manifestantes, aínda que tamén me coincidiu parte da policial, pero é que estou farto destas imaxes, das fogueiras e dos cortes de rúas.

Esta é a miña opinión tan respectable coma a do resto dos lectores, e quen pense que esaxero, que o pense". Via blog del Patos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

34 para Anónimo

Non, non, que o diga como queira. Pero poderei opinar, ou non? Para mín, e repito para mín, falando así, non é un docente moi decente.
Pero ollo para mín, si é que podo opinar.
Ao mellor con docentes así, logo os alumnos...
(E segue a ser a miña opinión)

33 Costus Line

Eu coñezo varios sistemas e 15 ou 20 medios de comunicación; penso quue todos eles lle deron cancha abonda a estes fillos de p.Probablemente se os medios foran máis críticos con eles non chegarían ata aquí. Tamén sei que teñen ameazados xornalistas e que teñen unha concepción da liberdade de prensa moi próxima á de Fidel, Goebbels ou Stalin; mimadriña se lles deixaran titular a eles!!! Viva a loita do proletariado, a revolución e a represión policial. Se temos unha policía que non a merecemos; son outros e escarállanos vivos desde o primeiro día.
Estades destruindo o tecido produtivo do país; quen coño vos paga. Xa saben de nós os cruceristas, os do congreso de enxeñeiros e toda a prensa internacional. Vigo cidade macarra, Vigo cidade mangoneada por radicais e extremistas da intifada do metal...
¿Non coñecedes xente que non vai ó País Basco por medo? Pois tomando nota...

32 anónimo

Oes, para anónimo, e un que se comporta como os do metal?
Non dixo nada malo o compañeiro, ou como ten que contarme como eran de malos os seus alumnos, como tí o digas?

31 anónimo

Estevo, antisistema e nacionalismo non casan, rapaz

30 Fito

A la cárcel todos