Lea xudicial en Ourense pola candidatura de En Marea

O PP denuncia a David Rodríguez ante a Xunta electoral porque di que non presentou a renuncia como rexedor a tempo. Luís Villares acusa aos populares de “fuxir da democracia” porque “temen” unha derrota en Ourense.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 02/09/2016 | Actualizada ás 09:29

Comparte esta noticia

O Partido Popular impugnou a lista de En Marea en Ourense ao entender que o número dous desa candidatura, o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez Estévez, non presentou a súa renuncia como rexedor no prazo previsto que marca a Lei Orgánica Electoral.

David Rodríguez e Beiras tras unha reunión da coordinadora de Anova
David Rodríguez e Beiras tras unha reunión da coordinadora de Anova

Este partido di que Rodríguez presentou a súa renuncia ao cargo o día 29 de agosto nun pleno, cando o prazo para emendar posibles erros das listas electorais remataba o día 28 de agosto. Unha denuncia que, desde en Marea, consideran unha “maniobra política”.

Así, o candidato de En marea, Luís Villares criticou que o PPdeG “foxe da democracia porque  van verder tamén en Ourense". "Esta é a bancarrota ética de Baltar, nunha provincia onde hai unha monarquía baltárica que decide a dedo as listas, veñen a impugnar as dos demais. Saben que a competencia vailles ser letal", engadiu.

Durante a súa visita a Sarria, e en resposta a preguntas dos xornalistas, o candidato de En Marea á presidencia da Xunta asegurou que, desde o punto de vista xudicial, a impugnación da lista de Ourense por parte do Partido Popular non ten percorrido por dúas razóns. “Primeiro, porque a interpretación da normativa electoral sempre é antiformalista, no sentido de que se busca o efecto de participación electoral, hai unha vontade política de renunciar  e está constatada e metida por rexistro con anterioridade a que o caso fose estudado pola Xunta Electoral”, apuntou.

E, en segundo lugar, “non se pode prexudicar a un concello pequeno que non ten secretario interventor de forma habitual precisamente pola carencia de medios” á que, segundo dixo, os somete goberno Feijóo. Por todo isto, Villares asegurou que “a xunta electoral non vai ter ningunha dificultade en apreciar estas condicións e a candidatura de Ánxeles Cuña e neste caso David Rodríguez será a gañadora nos vindeiros comicios na provincia de Ourense”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

5 comunista independentista

O Pp impugna unha lista de En Marea por medo a perder en Ourense. Ao lado de quen se poñen os trolls a soldo do Bloque? Adivinen...

1 mareadosmesetarios

Cando me falan de España, sempre teño unha disputa...

2 anonimo

A marea non gañades en Ourense(pena por certo),nin que so vos presentaredes vos sos, pero baixade da nube...que hostiazo ides levar miña nai . Escoitade o que se di de vos na rúa, a xente de a pé, non se fia de vos, sodes un polvorín, un bluff que xa lle pasou o momento...pero pensades que despois de perder unha chea de votos e andar a leas todo o verán confirmando o que a xente pensaba de vos, agora de pronto todo o esquecido e veña a votarvos??...e non son do BNG, magoa que non haxa a quen agarrarse...

4 GALIZA LIBERDADE

que inútiles e mentirosos son xa saiu o xuiz da mortalla falando e decindo tonterías, meten a pata por inútiles por ignorantes e como e posible estando de alcalde, son mete patas, son ben -burros agora están presos no pp o pp xa manda neles ... aquí esta a ruina da mareante... a foto co vello non ten prezo, e para non sacar ningún voto, VOTAR MAREA E PP NO GOBERNO SON A ANTESA DO PEPEIRO

3 LKI

O PPbaltariano identifica ben o inimigo.

2 Holliey Worker

Son trapalleiros, leas internas e incapaces de facer as cousas ben. Os herdeiros de AGE, que imos esperar.

1 eusi

What a surprise, a foreiner making opinions about galician affairs, que traducido ven dicindo: Ti que carall_ dis, paspán!

2 Holliey Worker

Si, 9 deputados/as.....ficaron en 6. Os 9 fixeron menos traballo no Parlamento que os 7 do Bloque. Onde ficou a nova cultura política parlamentar? nos exabruptos ou arroutadas do Beiras?, se cadra foi o máis saliantábel, mais as galegas e galegos non pagamos a 9 deputados/as para que non fagan nada. Se AGE funcionase sería a marca a presentar, pero foi un auténtico desastre. Se por pensar así son un paspán, sereino.

3 LKI

Parafraseando San Mateo 7,15-20: “Por sus trolls los conoceréis”. Coma noutras ocasións, o BeNeGá volve a situarse ao servizo da dereita españolista caciquil do PP e en contra de En Marea. Qué sorpresa. O Davide non é Otegi.

1 Sea Guide

Presentouna a tempo ou non? Porque se non a presentou a tempo vaia chapuza, non?