Malestar en En Marea pola guerra interna entre Iglesias e Errejón

Xulio Ferreiro chama a "centrarse" na campaña electoral porque "canto menos nos desviemos, mellor".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/09/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A batalla interna que manteñen Pablo Iglesias e Íñigo Errejón polo control de Podemos en Madrid e que escenificaron públicamente este martes a través das redes sociais non gustou en En Marea. Destacados dirixentes desta confluencia, incluso da propia formación morada, recoñecen que este tipo de tira puxas persoais non axuda na recta final da campaña galega.

Pablo Iglesias votando, con Íñigo Errejón, nunha imaxe do seu twitter oficial
Pablo Iglesias votando, con Íñigo Errejón, nunha imaxe do seu twitter oficial

Precisamente, foi a intervención de Pablo Iglesias nun mitin en Galicia o que motivou a reacción de Errejón. "Xa nos chegan a nós coa mala campaña informativa que nós están facendo como para que veñan Iglesias e Errejón a botar máis leña", apunta un dirixente consultado.

Ademais, apuntan que este tipo de enfrontamentos están sendo utilizados polos "medios afíns ao PP" para tentar dividir á coalición e "influír no electorado.

O propio alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, tivo que saír ao paso desta situación e, aínda que cualificou como "debate san" o enfrontamento entre Iglesias e Errejón, chamou a "centrarse" na campaña electoral porque "canto menos nos desviemos, mellor".

Así, en declaracións aos medios, subliñou a importancia de "centrarse" na recta final da campaña electoral para as eleccións autonómicas galegas e considera que "non é un gran problema" o debate entre os dous membros de Podemos, ao tempo que defende que a discrepancia de ideas "sempre é sa".

Neste sentido, Ferreiro referiuse a outras discrepancias xurdidas tanto nas filas populares coma nas socialistas, destacando o asunto de Rita Barberá ou a configuración de listas no PSdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Anxeles

Mellor tería sido que Podemos non entrase na Marea a estropelo todo.

2 tor

Metennos centralismo ate na sopa,todo esta supeditado a Madrid e o estado e os poderes mediaticos todos en español e hai partidos que transixen con istos e pensan que son progres , da pena e teremos que chorar despois que os intereses da terra esten tamen supeditados a Madrid,, coma sempre , algún dia teremos que rebelarnos sinon en vez de ser Galicia acabaremos sendo o Noroeste.

1 Próculo

Iglesias só quere apropiarse do sorpasso que En Marea vai dar -o segundo en Galiza- ao PSOE para as suas batallas madrileñas. Indecente!